electrocromatografía

electrocromatografía

(

s f [QUÍM]

Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.