"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Furelos, na parroquia de Furelos. Trátase dunha ponte do s XII de catro vans con bóvedas de medio punto e tallamares triangulares. Pertenceu ao Camiño de Santiago e menciónase no Liber Sancti Jacobi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador literario. Catedrático de Literatura Castelá na Universidad de Granada. Escribiu estudios sobre poetas do Século de Ouro como Soto de Rojas ou Trillo Figueroa. É autor de Vida y poesía de Gerardo Diego (1955), Garcilaso de la Vega y sus comentaristas (1972), Diez ensayos sobre literatura española (1973), Fama póstuma de Garcilaso de la Vega (1978) e Sobre García Lorca (1993). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Participou nos anos setenta no grupo SISGA. Colabororou, entre outras publicacións, en Tintimán, Valium 10, Das capital e Animal+. O álbum Papagayo Spray (1993), publicado por Frente Comixario recolle varios dos seus traballos, entre outros, Orgullo e Prexuicio en Manhattan.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Talo de millo verde.
-
Feixe de liño tascado que se mete no corgo.
-
-
-
Aplícase ás aves en celo, especialmente á perdiz.
-
Aplícase á persoa que fala moito, ten fachenda e pouco siso.
-
-
PERSOEIRO
Avogado, político, xornalista e escritor. Foi fiscal municipal e xuíz na cidade da Coruña, pola que foi elixido concelleiro e rexedor síndico. Partícipe do movemento rexionalista, colaborou na creación da Asociación Regionalista da Coruña (1890) e da Real Academia Galega (1906). Membro da Cova Céltica, colaborou co Diario de Santiago, El Comercio Gallego, El Clamor de Galicia e fundou Unión Gallega, primeiro xornal do rexionalismo galego. Foi autor de poemas, moitos deles musicados, como “Adiós a Galicia”, “Dous amores” e “Unha cita”. Así mesmo, publicou El folklore gallego en 1884-85 (1886), De la Coruña a la cárcel pasando por Galicia (1894), Patria y región (1897) e Regionalismo y lenguaje (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escritor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de La Habana e na Escola de Arquitectura de Nova York (1885-1889). Foi profesor na Escola de Artes da Coruña (1893) e na Escola Especial de Artes e Industrias de Santiago de Compostela (1903). Das súas obras destacan Retrato de Alfredo Brañas, As tres Gracias e Rebeca e Eliecer, pola que obtivo a primeira medalla da Exposición de Pintura e Industria da Coruña (1890). Foi colaborador artístico e literario de La Voz de Galicia e escribiu Cantares (1888) e Entre luces (1900). Presidiu a Asociación de Prensa da Coruña e foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘verza’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida feita con grelos.
-
-
Botar grelos.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cohabitar’.
-
-
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘camisa’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘camiseta’.
-
-
-
-
Utensilio que se fai con barras de ferro ou aceiro a xeito de reixa, que se pon sobre as brasas ou o lume para asar alimentos.
-
á grella
Forma de facer distintos alimentos directamente sobre o lume ou as brasas.
-
-
Armazón composta por barras de ferro dispostas en forma vertical e horizontal que ten distintos usos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asar un alimento na grella.
-
-
gromo.
-
Gromo do nabo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
galistro.
-
DIARIOS
Diario de tendencia católico-tradicionalista editado na Coruña a partir de febreiro de 1813. Participaron na súa fundación, dirección e redacción frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez. Levou como subtítulo “Diario Polémico-Religioso de La Coruña”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto, logo nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nas oficinas do Exacto Correo de España en La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
teorema de Borel-Lebesgue.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (218-222). De nome Sexto Vario Avito Basiano, foi sacerdote do deus Elagabalus en Émesa, a súa avoa, Xulia Mesa, fíxoo pasar como fillo natural de Caracalla e foi proclamado emperador polo exército. Chegou a Roma en 219 e introduciu o culto ao seu deus, mentres que deixou o goberno nas mans da sua nai Xulia Soemias e da súa avoa. En 222 asociou ao trono ao seu primo Alexianus, que reinou como Alexandre Severo trala súa morte ás mans dos pretorianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo canadense. En 1915 descubriu un axente infeccioso filtrable que destruía as bacterias (bacteriófago) e que identificou como un virus.
VER O DETALLE DO TERMO