Golpe Varela, Salvador
Golpe Varela, Salvador
Avogado, político, xornalista e escritor. Foi fiscal municipal e xuíz na cidade da Coruña, pola que foi elixido concelleiro e rexedor síndico. Partícipe do movemento rexionalista, colaborou na creación da Asociación Regionalista da Coruña (1890) e da Real Academia Galega (1906). Membro da Cova Céltica, colaborou co Diario de Santiago, El Comercio Gallego, El Clamor de Galicia e fundou Unión Gallega, primeiro xornal do rexionalismo galego. Foi autor de poemas, moitos deles musicados, como “Adiós a Galicia”, “Dous amores” e “Unha cita”. Así mesmo, publicou El folklore gallego en 1884-85 (1886), De la Coruña a la cárcel pasando por Galicia (1894), Patria y región (1897) e Regionalismo y lenguaje (1902).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oza dos Ríos -
Deceso