"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema longo publicado por Paul Valéry na Nouvelle revue française en xuño de 1920, que desde 1922 formou parte do poemario Charmes. Consta de vinte e catro estrofas de seis versos decasílabos cada unha que riman AAB’CCB’. Desenvolve o problema filosófico da concepción atea e racionalista da existencia, oposta á fe nunha vida eterna, que se articula a partir dos conceptos do ser absoluto (o deus de Parménides e de Zenón simbolizado polo ceo e o sol), do ser relativo (o home encarnado polo eu lírico e simbolizado pola axitación mariña) e do non-ser (a morte, evocada pola plasmación fúnebre do cemiterio de Sète). É un tríptico dividido en tres partes iguais: as oito primeiras estrofas céntranse na relación entre o mar e o poeta; as oito estrofas seguintes corresponden ao cemiterio e aos defuntos; e as oito últimas a unha meditación que leva ao renacemento vital e creativo. O poema presenta un home só que, fascinado pola paisaxe mariña, medita sobre a vida e a morte ante o mar, visto desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Le cemetière marin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecenas e muller do VII conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro e Portugal. En 1621 fundou o convento de San Xacinto de Monforte de Lemos e en 1622 o de Santa Clara de Monforte, onde ingresou como Catarina da Concepción, logo de enviuvar. Deixou en testamento 500 ducados para a creación dunha cátedra de Teoloxía no convento de San Xacinto e 300 ducados para a cátedra de Artes no de San Francisco, en Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha aciñeira de sinople e un lobo de sable, pasante, ao pé do tronco; bordo de ouro, con oito aspas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. En 1889 ingresou no convento dos padres escolapios, onde tomou tres anos máis tarde os seus votos simples. Deste lugar trasladouse aos conventos de Irache e San Pedro de Cardeña, onde ademais de rematar os seus estudios de ensino, profesou os votos perpetuos en 1886. Unha vez ordenado, foi enviado ao colexio de San Fernando de Madrid e despois ao de Granada, cidade na que comezou a estudar a carreira de Filosofía e Letras, que rematou na Universidad Central de Madrid. Foi reitor do colexio dos escolapios en Úbeda (1914-1915), do de Alcalá de Henares (1919-1922) e do de Sevilla (1922-1925). Despois foi trasladado ao colexio de San Antonio de Madrid, onde tamén exerceu como consultor provincial ata o seu asasinato no mes de agosto de 1936. Colaborou en varias publicacións como Revista Calasancia, Páginas Calasancias ou o semanario de Verín Nuevo Támega. Escribiu unha biografía do padre escolapio Faustino Míguez e elaborou varias composicións poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio acada os 1.448 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia nitroxenada que se obtén do tecido nervioso fervido cun álcali de composición non ben definida, pero afín á dos fosfátidos. Emprégase como antineurálxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esterol que se obtén da sobreira.

    2. Substancia extraída da cera branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cetorrínidos.

    2. Peixe da familia dos cetorrínidos.

    3. Familia de peixes da orde dos galeiformes á que pertencen as quenllas peregrinas ou maróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Agrupación Socialista de La Habana na primeira década do s XX, foi expulsado de Cuba en 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. No 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE no 1921 e presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. Na Guerra Civil incorporouse á UGT e formou parte da Executiva Federal no exilio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago volcánico de soberanía española, integrado polas illas Congreso, Isabel II e Rey, situado na costa mediterránea do Magreb, preto da desembocadura do uadi Qued Moulouya. Están incluídas no municipio de Melilla. A única illa habitada é a de Isabel II. En 1848 foron ocupadas polo xeneral Serrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Boullée, en 1758 gañou o Prix de Rome e permaneceu na capital italiana ata 1763. Construíu a igrexa de Saint-Philippe-du-Roule en París (1774-1784), de planta basilical e prototipo da igrexa neoclásica. Realizou tamén o Collège de France en París (1780) e reconstruíu o Odeon (1807). En 1806 proxectou o Arc de l’Étoile da capital francesa que non se rematou ata 1835. En 1770 foi nomeado académico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada de dúas panelas de sinople; bordo de azul, con cinco flores de lis de prata. Outra variante leva escudo acuartelado: primeiro e segundo cuartel, en campo de azul, con dúas flores de lis de ouro, postas en pao; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun león rampante da súa cor. Outros ostentan, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Castro de Escuadro (concello de Maceda) e Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.042 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e director cinematográfico. Avogado, xornalista e crítico literario, en 1935 fundou en Roma o Centro Sperimentale di Cinematografia, as revistas “Bianco e Nero” (1937) e “Revista del Cinema Italiano” (1952). Realizou cinco longametraxes baseadas en obras literarias. Escribiu: Cinematografo (1935), La regia (A dirección, 1946), Cinema, quinto potere (Cine, quinto poder, 1954), Panorama del cinema contemporaneo (Panorama do cine contemporáneo, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da vila pontevedresa de Lamas. Coa Reconquista espalláronse por Cádiz, Jaén, Cuenca e algunhas ramas pasaron a Cuba, Venezuela e Chile. As súas armas levan, en campo de azul, cinco flores de lis de prata, postas en aspa. Os de Andalucía traen escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; segundo e terceiro cuartel, en campo de goles, cun león rampante, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Director do Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria. Iniciou a súa formación no obradoiro de Manuel Ramos da súa cidade natal para despois trasladarse a Madrid, onde estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1948-1952). Entrou en contacto coa escultura de Julio González e coa pintura de Fernand Léger durante a súa viaxe a París no 1952. En 1953 asistiu á School of Fine Arts, onde coñeceu a obra de Henri Moore. Regresou a Canarias e comezou a desenvolver a técnica do ferro forxado. O seu traballo en forxa reflexiona sobre o simbolismo de motivos iconográficos primitivos ou as relacións home-natureza, que o fan evolucionar desde a abstracción surrealista ata o conceptualismo. A obra desta primeira etapa caracterízase por unha estética surrealista e polo inicio dun interese polo primitivismo próximo á cultura guanche canaria e africana. No 1955 instalouse en Madrid e dous anos despois integrouse no grupo El Paso, onde desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico que contén un grupo ciano e un grupo hidroxilo. Obtense por adición de ácido cianhídrico ao dobre enlace dos aldehidos ou das cetonas; o mecanismo da reacción interprétase como un ataque nucleofílico sobre un átomo de carbono polarizado positivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico producido polo lévedo Streptomyces gariphalus. Emprégase como antimicrobiano, especialmente contra o bacilo de Koch cando este presenta resistencia a outros tuberculostáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO