"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Persoa que se encarga de debuxar figurinos. É un profesional que adoita participar no proceso de creación teatral co deseño do vestiario e doutros complementos que contribúen á caracterización externa dos personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debuxo que serve de modelo para confeccionar roupa e os seus complementos.

    2. Revista dedicada á moda e ao vestido.

    3. Persoa que se viste de forma elegante e afectada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema interpretativo das Sagradas Escrituras segundo o cal no Antigo Testamento prefigúranse non só os acontecementos do Novo Testamento, senón tamén todos os que aconteceron ou acontecerán no curso da historia da Igrexa. Enunciouno no s XVIII o xansenista Jean-Baptiste de Sesne de Mérilles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao figurismo.

    2. Partidario do figurismo.

    3. Persoa que reproduce figuras humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos seres vivos que viven nas gretas das pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar irlandés. Liderou a flota, composta por mariños galegos e italianos, que saíu de Ferrol e desembarcou en xuño de 1579 na baía de Dingle; tiña como obxectivo acabar co dominio inglés da illa de Irlanda e restaurar nela o catolicismo romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Recreou nas súas pezas a natureza máxica das lendas, contos e tradicións populares da Irlanda gaélica. Entre as súas obras destacan The Country Dressmaker (Un xastre de aldea, 1907), The Magic Glasses (Os vasos máxicos, 1913) ou The Enchanted Land (A terra encantada, 1957), nas que desenvolve unha visión entre máxica e grotesca do drama de costumes irlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta que tivo lugar en Irlanda entre 1579 e 1583, liderada por James Fitzmaurice Fitzgerald e, posteriormente, por Gerald Fitzgerald. Iniciouse co desembarco dunha flota, composta por galegos e italianos procedentes de Ferrol, na baía de Dingle (1579) co fin de acabar co dominio inglés da illa e reinstaurar o catolicismo romano. Tivo o apoio do papado e da monarquía hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo francés. Especializouse no estudo do celta na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne. Interesado polo bretón, foi admitido no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) onde realizou a súa tese (1958-1963). Foi catedrático de linguas celtas na Universidade de Rennes (1966) e foi nomeado director de estudios na École Pratique des Hautes Études. Tamén foi director de estudios celtas da CNRS e presidente da revista Études Celtiques. Centrou as súas investigacións, sobre todo, no antigo bretón e no galo. Así, estudiou os manuscritos bretóns do s IX e publicou o seu corpus léxico nun dicionario. Con respecto ao galo e ao celta continental, estaba convencido da semellanza entre o galo e o britónico. Gracias á súa investigación parece probado que, entre as linguas celtas continentais, o galo era o máis próximo ao antepasado das linguas britónicas. Ademais de artigos, publicou Ditionnaire des gloses en vieux-breton (1964), Le Vieux-breton. Eléments...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa en Ourense a partir do 22 de novembro de 1968. Trátase dun boletín moi modesto que tenta resumir todas aquelas novas de interese cultural, social ou económico de interese para os seus asociados. Incluíu, ademais dun pequeno editorial, información sobre o idioma galego, humor, libros, autores, conferencias e xornadas. Tamén inseriu actividades da propia agrupación e avisos sobre vindeiros proxectos. Algúns dos seus artigos, sobre todo os económicos, tratábaos con certa ironía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Director da Escola de Canteiros de Pontevedra. Especializouse en urbanismo. No eido da restauración arquitectónica, traballou no convento de San Francisco de Pontevedra, na catedral de Tui, no mosteiro de Santa María de Armenteira e na citania de Santa Tegra (A Guarda). Colaborou coa Fundación Cultural Rutas del Románico, con diversos artigos na publicación Ruta Cicloturística del Románico e no catálogo da exposición De Jaca a Compostela por el Camino de Santiago (1999). Escribiu Descubrir el Románico por tierras de Pontevedra y el Camino de Santiago (1991 e 1996) e Fábricas de cantería (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación de fosfatos polos ouriños en maior cantidade do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das funcións que ten por finalidade expresalas mediante unha serie ou unha integral na que interveñen as funcións trigonométricas. O fundamento desta técnica matemática é a que se denomina, ás veces, teorema de Fourier. Toda función periódica f(x), continua ou, como máximo, cun número finito de discontinuidades finitas, pódese expresar mediante unha serie trigonométrica, que se coñece como serie de Fourier da, ou asociada á, función f(x). O número ω é a pulsación fundamental da serie de Fourier de f e é igual á pulsación, ou frecuencia angular, de f, é dicir, ω=2π/T, onde T é o período de f. O primeiro termo da serie de Fourier de f, termo que corresponde ao valor n=1 do índice de sumatorio, chámase harmónico fundamental (ou primeiro harmónico ou harmónico de orde 1); os outros termos son os seus harmónicos (os harmónicos do fundamental); por exemplo, o termo que corresponde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e economista francés. Encadrado na corrente do socialismo utópico, elaborou un sistema social fundado nos falansterios, comunidades de persoas en réxime de cooperativa de produción e consumo. Propugnou a creación dunha sociedade, onde os homes fosen libres de todas as forzas que lle teñen limitado o exercicio das propias posibilidades e o desenvolvemento completo da personalidade; e o amor libre, posto que consideraba que a familia e o matrimonio eran institucións oprimentes. Malia ter defendido unha reforma da sociedade, defendeu a monarquía, pois non impedía a posta en práctica de ningún dos cambios propostos. Considérase como un dos precursores do cooperativismo actual. Entre as súas obras máis importantes cómpre destacar Théorie des quatre mouvements et des destinées génerales (1808), Théorie de l’unité universelle (1822) e Le nouveau monde industriel et sociétaire (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico. Dedicouse á arqueoloxía durante a expedición que fixo con Napoleón a Exipto. No campo da física destacan os seus estudios sobre a propagación da calor. Froito deste traballo foi o desenvolvemento das series matemáticas que levan o seu nome e que constitúen a base da análise harmónica. Publicou Théorie analytique de la chaleur (Teoría analítica da calor, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema filosófico e económico de Charles Fourier e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fourierismo.

    2. Partidario do fourierismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático probabilista. Dedicado inicialmente ao estudo dos espacios abstractos, reestruturou certos capítulos das matemáticas por medio dalgúns axiomas mediante o emprego da linguaxe da xeometría. Foi un vangardista na presentación axiomática da probabilidade. Publicou obras sobre a noción de variable aleatoria e as formas de converxencia da teoría das probabilidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • itrificación producida pola caída dun lóstrego en materiais compactos ou que son pouco coherentes e con moito sílice, sobre todo as areas. As fulguritas adoitan ter forma de tubos estreitos, ás veces retorcidos, de diversos centímetros de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO