Fundación Rutas Cicloturísticas del Románico
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.