"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Que carece da cousa que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non cumpre coas súas responsabilidades.

    2. Que ou quen falta ao respecto ou ofende a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non cumpre coas súas obrigas.

    2. Que non se desenvolve de forma normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • faldriqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Nacionalizouse estadounidense e exerceu como profesor da Yale University. Demostrou, xuntamente con J. G. Thompson, unha das conxecturas de Burnside, no coñecido como teorema de Feit-Thompson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista. Proclamouse campioa de España de taekwondo en 1994, 1999 e 2000. Nos Campionatos Mundiais Universitarios obtivo a medalla de prata en México 1998 e o título de campioa en Taiwán 2000. En categoría absoluta proclamouse en 2001 campioa da Copa do Mundo, celebrada en Vietnam, e subcampiona do Mundial disputado na República de Corea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Dedicouse ao estudo da célula, onde aplicou por primeira vez o microscopio. Estudiou, con E. Strasburger, os procesos da división celular ou mitose. Introduciu diferentes termos na nomenclatura celular e descubriu o centrosoma (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo. Traballou en 1929 en España con Santiago Ramón y Cajal. Profesor e investigador no campo da bacterioloxía, foi o xefe do equipo que realizou as experiencias sobre a penicilina; illou, purificou e obtivo en grandes cantidades a penicilina, descuberta por A. Fleming, e efectuou con ela as primeiras experiencias en animais e os primeiros ensaios clínicos. Foi membro e tamén presidente (1960) da Royal Society de Londres. En 1945 recibiu, conxuntamente con A. Fleming e E. B. Chain, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola súa decisiva colaboración no estudo e aplicación da penicilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi un dos artífices do golpe militar arxentino de 1976 e sucedeu o xeneral Viola na presidencia da República en 1981. Ordenou a ocupación das Illas Malvinas e foi cesado trala derrota fronte aos ingleses (1982). Foi procesado e condenado a prisión en 1986 e indultado en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e estatístico británico. Fixo estudios e investigacións sobre meteoroloxía, metodoloxía estatística, antropoloxía, psicotecnia e herdanza biolóxica, de maneira especial dos caracteres físicos e psíquicos do ser humano, e creou a euxenesia. Estableceu a chamada oxiva de Galton, curva representativa da función de repartición da lei de probabilidade normal. A súa obra principal é Hereditary Genius (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Xubia que constitúe a capital do concello de Narón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xuíz. En 1980 accedeu á carreira xudicial. Xuíz de primeira instancia e instrución e, desde 1983 maxistrado, en febreiro de 1987 o Consejo General del Poder Judicial nomeouno inspector delegado nos tribunais de Andalucía. En febreiro de 1988 tomou posesión como maxistrado do xulgado central de instrución nº 5 da Audiencia Nacional, con competencia en casos de terrorismo, narcotráfico, branqueo de diñeiro, delincuencia económica organizada e extradicións. Concorreu ás eleccións ao Congreso de los Diputados de 1993 como independente no segundo posto da candidatura do PSOE por Madrid; elixido deputado, en xuño dese ano foi nomeado secretario de EstadoDelegado do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas. En maio de 1994 dimitiu dos cargos políticos e reincorporouse á Audiencia Nacional. Destacou polo seu labor a prol do establecemento do Tribunal Penal Internacional e a loita contra a impunidade nos delitos contra os dereitos humanos, así como pola persecución dos delitos de narcotráfico e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular norteamericano. Foi profesor na Universidade de Harvard e, xunto con outros científicos, fundou a empresa biotecnolóxica Biogen. No campo da xenética participou no desenvolvemento das técnicas de recombinación xenética; débenselle os nomes de exón e intrón e o método para determinar a secuencia de bases nos ácidos nucleicos. Compartiu o Premio Nobel de Química de 1980 con F. Sanger e con P. Berg, polos traballos que permiten establecer un método de identificación da secuencia de bases do ADN e do ARN, no que certos reactivos químicos non enzimáticos escinden as cadeas só polas posicións que ocupa un nucleótido determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador gráfico, deseñador e impresor. Especializouse no deseño de carteis. En 1947 fundou Filgraf RGM, Institut d’Art Gráfic, e en 1954 a editorial PEN. Entre os alfabetos que creou destaca o Gaudí. Recibiu, entre outros galardóns, o International Graphic Design Excellence Award (1989), o Premio Nacional de Deseño (1990) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ajmag de Mongolia (141.400 km2; 141.400 h [estim 1998]). A capital é Altaj (13.700 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano do extremo SO de Siria, situado ao L de Xordania e do mar de Galilea. Estiveron sometidos ao dominio turco durante catro séculos, pero trala súa fragmentación despois da Primeira Guerra Mundial integráronse no territorio de Siria, administrados por Francia (1923). En 1940, trala caída do mandato francés, quedaron baixo o dominio dos sirios. Conquistados polo exército sirio durante a guerra de 1948, despois do armisticio desmilitarizáronse, pero continuouse discutindo a súa soberanía. Ocupados por Israel durante a Guerra dos Seis Días (1967), permaneceron no seu poder ata que despois da Guerra do Yom Kippur (1973) a ONU enviou forzas que se interpuxeron entre ambos estados. Polo acordo de pacificación de maio de 1974 Siria recuperou unha parte dos Altos do Golán. En 1982 a parte dominada por Israel foi anexionada e colonizada unilateralmente, sen respectar as resolucións da ONU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1619 pertenceu á orde dos xesuítas, estudiou filosofía e teoloxía e foi catedrático de Filosofía na Universidad de Gandía e de Sagrada Escritura na Universidad de Zaragoza. Representante do conceptismo barroco, empregou os pseudónimos de Lorenzo Gracián e García de Marlones. Publicou, entre outras obras, El héroe (1637), El político (1640), Agudeza o Arte de ingenio (1642), El discreto (1646), El oráculo manual y arte de prudencia (1647), El Criticón (1651-1657), novela alegórica costumista que amosa o desengano e escepticismo ante a vida, nun estilo perfeccionista e conciso, típico do conceptismo, e El comulgatorio (1655).

    VER O DETALLE DO TERMO