Gaiferos de Mormaltán, romance de don
Gaiferos de Mormaltán, romance de don
[LIT]
Romance popular que narra a derradeira viaxe de peregrinaxe de Guillerme X, duque de Aquitania (1127-1137) e fillo do primeiro trobador coñecido, a Compostela. A primiera versión escrita apareceu en Galicia, de M. Murguía, e a segunda en Literatura Gallega, de E. Carré Aldao. A amizade persoal que Gaifeiros (725-768) tiña co arcebispo Xelmírez levouno en 1121 a escribirlle unha carta pedíndolle protección para Afonso VII de Castela contra Urraca, pois a inimizade co rei de Aragón impedíalle o paso polos seus territorios para se dirixir a Compostela. Despois de facer testamento en 1137 a prol da súa filla Leonor, Guillerme X fixo a súa última peregrinación pero, antes de chegar, caeu enfermo e morreu.