"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fiduciaria alemá creada en 1990, con sede en Berlín e varias delegacións. Encargada da privatización das empresas estatais da ex-República Democrática Alemá, o proceso implicou a axuda ao saneamento empresarial cando a viabilidade era posible, e a urbanización de terreos industriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.
-
PERSOEIRO
Procurador e promotor turístico. Foi decano do Ilustre Colegio de Procuradores da Coruña (1978-1998) e o primeiro presidente do Consello Galego dos Procuradores. Tenente de alcalde da Coruña (1950-1963), foi presidente da Asociación de Amigos do Turismo de Galicia e cónsul de Portugal. Preside a agrupación folclórica Aturuxo e foi fundador do Club Naútico de Camariñas. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Prata de Galicia (2004). É académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Kerala, India, situado no extremo suroccidental da rexión e da península (524.006h [1991]). A súas principais actividades son a industria de pulimento de pedras preciosas, a ourivaría, e os tecidos de rafia, de seda e de algodón. Posúe un templo de Vixnu, centro de peregrinacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Vedra. En 1107 a infanta Urraca doouno á Igrexa compostelá con todas as posesións aínda que se reservou o usufruto das súas propiedades mentres vivise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquipélago do Océano Pacífico que pertencen ao estado de Papua Nova Guinea (440 km2). Están situadas no mar das illas Salomón, ao SL da illa de Nova Guinea. A cidade principal é Losuia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando Rodríguez Trueba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Purtomazovo, Tver 1888 - Moscova 1972) Enxeñeiro aeronáutico ruso. Distinguiuse como construtor de diversos modelos de avións, militares e comerciais (modelos TU-114 e TU-144) e en 1933 proxectou o Maxim Gor’kij. Recibiu o Premio Stalin e o Premio Lenin (1957).
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. O seu talento poético revelouse en poemas extensos como Strana Muravija (O país de Moravia, 1935) e outros onde desenvolveu o tema da responsabilidade persoal polo destino do seu país, como Vasilij T’orkin (1945) e Zadal’jo dal’ (Espazo alén do espazo, 1950-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra, Reino Unido (540 km2; 1.075.938 h [2001]). A súa capital é Sunderland.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no estado de Minas Gerais, Brasil (570.042 h [estim 2004]). É un centro gandeiro e agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista e adestrador. Iniciou a súa carreira profesional en Brasil, xogando no Flamengo, co que gañou unha liga, e no Corinthians. Regresou a España ao Atlético de Madrid (1964-1974), co que gañou tres ligas e dúas copas. Foi internacional en 16 ocasións. Retirouse no Rácing de Santander (1974-1976). En 1997 incorporouse como adestrador á Real Federación Española de Fútbol e acadou dúas Eurocopas coa selección Sub-16 (1999 e 2001) e o subcampionato do mundo Sub-20 (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de África oriental, situado ao N do lago Victoria, que limita ao N co Sudán, ao L con Kenya, ao O coa República Democrática do Congo e ao S con Tanzania e Rwanda (241.038 km2; 22.388.000 h [estim 2001]). A capital é Kampala.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está constituído por vastas chairas inclinadas de N a S. No L e no O atópanse os sistemas montañosos do Elgon e do Ruwenzori (5.119 m). No centro da chaira están os lagos Kyoga e Kwania, e ao longo da depresión do Rift Valey os lagos Mobutu, George e Edward. O clima é ecuatorial e está suavizado pola altitude, as temperaturas son elevadas e as chuvias teñen a máxima de marzo a xuño e de setembro a novembro. O río máis importante é o Nilo Victoria. A vexetación ten, en xeral, carácter de selva seca ou de sabana, con galerías de bosque húmido.
Xeografía económica
A agricultura e a gandaría son a base económica do país. Os principais cultivos comerciais... -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de 22 católicos ugandeses, parte do centenar de cristiáns que foron vítimas da persecución do kabaka Mwanga de Buganda (1885-1887). As primeiras vítimas foron o bispo anglicano James Hannington e os seus compañeiros (1885). Polo feito de protestar por estas mortes, Joseph Mukasa, membro da casa real, foi decapitado e os seus paxes e soldados foron sacrificados. A persecución continuou contra os misioneiros católicos e protestantes ata 1887. Canonizados colectivamente (1964), a súa festividade celébrase o 3 de xuño.
-
-
Relativo ou pertencente a Uganda ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Uganda.
-
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Profesor de linguas xermánicas, foi deputado liberal no parlamento de Frankfurt (1848). Notable representante do romanticismo de Suabia, a súa obra lírica reflicte un sentimento de unión coa natureza da súa terra. Destacan Die Kapelle (A capela) e Der Wirtin Töchterlein (A filliña da ama).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inmigrante británico chegado ás antigas provincias de Transvaal e Orange desde o descubrimento de xacementos de ouro e diamantes, a mediados do s XIX.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Célebes Meridionais, Indonesia, situada na costa SO da illa de Célebes (1.121.300 h [1996]). É un porto turístico e comercial e un centro exportador de tabaco, café, copra e palma de coco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área arredor dunha cidade, influída por ela no sentido económico, cultural e político. Ten o sentido do hinterland.
-
REXIÓNS
Rexión montañosa do S de Escocia, formada por granitos e materiais paleozoicos recubertos en certos lugares por rochas volcánicas. Ten a súa altitude máxima no monte Cheviot (816 m).
VER O DETALLE DO TERMO