Uganda, mártires de
Uganda, mártires de
Grupo de 22 católicos ugandeses, parte do centenar de cristiáns que foron vítimas da persecución do kabaka Mwanga de Buganda (1885-1887). As primeiras vítimas foron o bispo anglicano James Hannington e os seus compañeiros (1885). Polo feito de protestar por estas mortes, Joseph Mukasa, membro da casa real, foi decapitado e os seus paxes e soldados foron sacrificados. A persecución continuou contra os misioneiros católicos e protestantes ata 1887. Canonizados colectivamente (1964), a súa festividade celébrase o 3 de xuño.