"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Proceso de desciframento ou descodificación de mensaxes secretas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de latencia total no que a forma biolóxica libre, como a endospora e o quiste, non presenta metabolismo detectable, aínda que mantén durante moitos anos a súa capacidade potencial para xerminar e desenvolver células activas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos criptobránquidos.

    2. Anfibio da familia dos criptobránquidos.

    3. Familia de anfibios urodelos integrada por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico e deprimido, que se caracteriza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. Unha especie notable desta familia é a píntega xigante xaponesa, que pode alcanzar os 160 cm de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen oculta a súa condición comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á textura e á estrutura dun agregado cristalino integrado por unidades equidimensionais e de gran tan extremadamente fino que non se pode recoñecer nin co microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos criptofáxidos.

    2. Insecto coleóptero da familia dos criptofáxidos.

    3. Familia de coleópteros detritívoros que, no estado adulto, non adoitan superar os 3 mm de lonxitude e presentan algo de pilosidade. Habitan principalmente en cogomelos e baixo cortizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás criptofíceas.

    2. Alga da clase das criptofíceas.

    3. Pequena clase, a única da división das criptófitas, de algas unicelulares biflaxeladas, de simetría dorsiventral, sen parede celular, tanto mariñas como de auga doce, que aparecen principalmente no plancto durante a primavera en augas con materia orgánica. Poden vivir en simbiose con radiolarios e coralarios, formando zooxantelas. O xénero característico é Cryptomonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á planta que mantén, durante a estación adversa, as súas partes persistentes protexidas debaixo do nivel da terra (como as orquídeas) ou da auga (como as aras).

      1. Relativo ou pertencente ás criptófitas.

      2. Alga da división das criptófitas.

      3. División de algas agrupadas nunha soa clase, a das criptofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que trata das criptógamas. Subdivídese en ficoloxía, brioloxía, micoloxía, liquenoloxía e pteridoloxía, disciplinas que estudian as algas, as briófitas, os fungos, os liques e os fentos, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente que mata as criptógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á criptogamia ou a unha planta criptógama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista no estudo das criptógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás criptógamas.

    2. Organismo pertencente ás criptógamas.

    3. Grupo artificial de organismos que inclúe fungos, liques, algas, briófitos e pteridófitos. Estes últimos, polo feito de ter vasos, reciben o nome de plantas criptógamas vasculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir en caracteres secretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de escritura empregado desde a Antigüidade en distintas culturas, elaborado a partir dun sistema de signos que responden a un código privado, para restrinxir a comprensión dunha mensaxe dada a un grupo específico de receptores coñecedores do código en cuestión. O termo designa tamén a disciplina que estudia os diferentes sistemas que se poden empregar para codificar unha mensaxe. Existen tres sistemas básicos de escrituras secretas: as invisibles, feitas con tintas simpáticas; as convencionais, baseadas no uso de elementos xa convidos que producen un efecto diferente ao da comunicación real do texto; e os cifrados, baseados na transposición de letras, sílabas ou calquera elemento do texto, ou ben na súa substitución por outros, segundo unhas equivalencias expresadas nunha táboa ou clave. En concreto, establece tres tipos de estratexias: as chamadas claves de ocultación, que camuflan as palabras da mensaxe que impiden o acceso xeneralizado ao seu...

    2. Ciencia que estudia o xeito de cifrar e descifrar mensaxes para que resulte imposible coñecer o seu contido sen unhas claves predeterminadas. No mundo informático o uso de técnicas criptográficas é frecuente, especialmente no envío de documentos a través de diferentes redes, como a Internet, ou no almacenamento de información. Tamén no sector das telecomunicacións se acostuma cifrar sinais, como as de certas canles de televisión, para que estas non se poidan ver a non ser que se dispoña do receptor descodificador axeitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á criptografía.

    2. Que resulta escuro ou enigmático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que practica a criptografía.

    2. Máquina que se utiliza para cifrar e descifrar textos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Texto ou palabras escritas en caracteres secretos. Normalmente, trátase dun texto composto a partir dun código privado previamente fixado que restrinxe a súa comprensión a un grupo de receptores informados das claves que se empregaron no seu proceso de elaboración. É frecuente o seu uso na literatura con distintas finalidades, entre outras ocultar o nome do autor, do destinatario ou do lugar e data de composición dunha obra, de maneira que só sexa accesible para quen descifre o código. Unha estratexia habitual para disimular mensaxes é a agrupación das súas letras en grupos de dous ou de tres, que alteran a estrutura esperada e provocan a confusión nun receptor non iniciado.

    2. Texto ou datos difíciles de descifrar ou de comprender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material de gran moi fino, con compoñentes que non se poden observar a simple vista, e de textura finamente cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO