"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento gasoso inodoro, incoloro e monoatómico, de número atómico 36 e peso atómico 83,80, que pertence ao grupo dos gases nobres ou raros da táboa periódica. Atópase na atmosfera nunha proporción moi baixa (1 cm3/m3). Descubrírono W. Ramsay e M. W. Travers en 1898. Obtense por destilación fraccionada dos residuos de evaporación do aire líquido. É moi pouco reactivo por mor dos oito electróns que posúe no último nivel. Pouco condutor da calor, o cripton emprégase, mesturado co xenón, para constituír a atmosfera inerte das lámpadas. Tamén se utiliza como fonte luminosa en certos tubos de descarga. A radiación correspondente á transición entre os niveis 2p10 e 5d5 do átomo de cripton 86 empregouse para definir con exactitude o metro, que é igual a 1.650.763,73 veces a lonxitude de onda desta radiación.
-
-
Relativo ou pertencente ás criptonemiais.
-
Alga da orde das criptonemiais.
-
Orde de algas vermellas, da subclase das florideofíceas, caracterizadas pola presenza de gonóforos e de células auxiliares, e pola ausencia de células nutricias. Unha das familias máis importantes desta orde é a das coralináceas.
-
-
-
Nome codificado que se emprega nas guerras ou polos servicios secretos para denominar as persoas, lugares, obxectos ou operacións.
-
Nome dun autor representado unicamente coas iniciais, unidas por un asterisco ou un punto, ou en grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galería ou corredor soterrado, a miúdo cuberto cunha bóveda e con ventás altas ou laterais, que se situaba debaixo do pórtico dos edificios romanos e que podía estar comunicado co foro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condensación do vapor de auga do aire atmosférico sobre a superficie do solo ou das plantas, xa sexa en forma líquida (orballo) ou sólida (xeada). Nalgunhas rexións representa un recurso hídrico importante para a vexetación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de migración testicular con retención dos testículos dentro do abdome ou do conduto inguinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter das rexións onde a rede hidrográfica é case exclusivamente subterránea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complemento de máis difícil observación do fenosistema que proporciona a explicación que falta para a comprensión do xeosistema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos elementos latentes ou abstractos que, xunto cos fenotipos, integran unha lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á enfermidade de orixe escura ou descoñecida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precámbrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
precámbrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal de pequeno tamaño que vive no interior do solo, en gretas ou baixo das pedras, onde hai pouca luz e as condicións de temperatura e humidade se manteñen estables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina científica que trata da localización e estudo de animais non descubertos e que, en xeral, se pensa que se extinguiron. Cómpre sinalar o caso do peixe sarcopterixio, chamado celacanto. Coidábase que este animal estaba extinguido dende hai uns sesenta millóns de anos, pero en 1938 foi localizado por uns pescadores preto de Madagascar. Outro caso foi o do okapi, un gran mamífero descuberto en 1906. En 1978 fundouse a Sociedade Internacional de Criptozooloxía, dedicada á busca de animais “ocultos”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente do grego Chrysanthos (χρυσ- ἄ ν ϴ ος) ‘flor dourada, crisantemo’. San Crisanto (s III) foi un mártir cristián que practicou o apostolado coa súa esposa Daría. A súa festa celébrase o 25 de outubro.
-
PERSOEIRO
Mártir cristián. Fillo dun senador romano, converteu a Daría, virxe vestal, ao cristianismo e desposouna; ambos practicaron a castidade dentro do seu matrimonio, feito polo que foron castigados ao seren enterrados vivos nun areal da Vía Salaria no ano 284. Na iconografía ambos visten hábitos segrares de época romana; Daría leva como atributo unha azucena (símbolo da castidade) e Crisanto pode levar tamén un facho aceso (símbolo da súa tortura). A súa festa celébrase o 25 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicho situado preto da pía bautismal onde se gardaba o aceite para a unción despois do bautismo.
-
-
Relativo ou pertencente ás crisófitas.
-
Alga da división das crisófitas.
-
División de algas unicelulares ou coloniais de cor dourada ou amarela apardazada que conteñen clorofila a e c, diadinoxantina e ficoxantina. Divídense en seis clases: crisofíceas, haptofíceas, xantofíceas, bacilariofíceas, eustigmatofíceas e cloromonadais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de olivina, de cor verde amarelado.
-
-
Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas aves.
-
Calquera apéndice carnoso, capilar ou de plumas situado na cabeza.
-