Crisanto, san

Crisanto, san

Mártir cristián. Fillo dun senador romano, converteu a Daría, virxe vestal, ao cristianismo e desposouna; ambos practicaron a castidade dentro do seu matrimonio, feito polo que foron castigados ao seren enterrados vivos nun areal da Vía Salaria no ano 284. Na iconografía ambos visten hábitos segrares de época romana; Daría leva como atributo unha azucena (símbolo da castidade) e Crisanto pode levar tamén un facho aceso (símbolo da súa tortura). A súa festa celébrase o 25 de outubro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alexandría