"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo. Gañou un premio da Académie de Dijon co seu Discours sur les sciences et les arts (1750), onde rexeitaba o optimismo dos enciclopedistas e afirmaba que as artes e as ciencias non tiñan contribuído á depuración dos costumes, e que máis ben contribuíran a corromper ao home, bo por natureza. Precursor do pensamento democrático, centrouse nunha exaltación máis ben utópica da natureza e do sentimento, en contraposición ao estado da civilización. Considerado como un dos pensadores máis influíntes do s XX, a súa definición do ser humano como individuo cultural cimenta as bases da etnoloxía moderna. Colaborador da Encyclopédie no apartado musical, as súas tres grandes obras son Du contrat social ou Principes du droit politique (1762), Julie ou La nouvelle Héloïse (1761) e Émile ou De l’éducation (1762), obra condenada que o obrigou a fuxir de Francia. En 1767 dedicouse aos seus escritos autobiográficos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoaquín Gutiérrez de Rubalcava Casal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1847 foi nomeado catedrático en Valladolid e posteriormente trasladouse á cátedra de Historia Universal da Universitat de Barcelona. En 1859 foi un dos solicitantes do establecemento dos xogos florais en Barcelona, nos que conseguiu o título de mestre en ‘gai saber’ (1863). Escribiu El libro de las niñas (1845), co que obtivo un grande éxito, e Historia Universal (1873-1875). Tentou tamén triunfar no teatro e escribiu diversos dramas en verso. Foi presidente da Acadèmia de Bones Lletres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Concibiu o sistema económico como automecanismos de regulación, e opúxose á intervención do estado na economía. Foi partidario do retorno ao patrón ouro, fronte ao patrón cambio ouro institucionalizado polo FMI. Publicou Des sciences physiques aux sciences morales (1922), Théorie des phénomènes monétaires (1927), L’ordre social (1945), L’âge de l’inflation (1963) e Le péché monetaire d’Occident (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e historiador da Igrexa. Orixenista, gañou a inimizade de san Xerome e dos seus, pero permaneceu fiel a Oríxenes ata a morte. Foi ordenado presbítero por Xoán II de Xerusalén. Residiu entre os monxes do deserto de Nitria e de Palestina. Coas súas traducións, foi un dos máis grandes transmisores das letras eclesiásticas gregas no Occidente latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi embaixador na Santa Sé (1948-1951) e ministro de Educación (1951-1956). Presidiu a comisión española de Justicia y Paz (1971-1975), promotora da campaña pro amnistía e en 1975 participou na creación da Plataforma de Convergencia Democrática e, máis tarde, nas negociacións da reforma política do Estado español. En 1977 integrou Izquierda Democrática na Federación de la Democracia Cristiana, pero non acadou a acta de deputado. Foi Defensor del Pueblo (1982-1987) e presidente do comité español de UNICEF (1988-2001). Fundador da revista Cuadernos para el Diálogo, escribiu La concepción institucional del Derecho (1944), Introdución a la Filosofía Jurídica (1958), La propiedad (1961), Del ser de España (1962) e El Concilio y los derechos del hombre (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado na lectura dos clásicos e no modernismo e, sen rematar nunca unha novela, converteuse nun excelente narrador. Revelouse con Marines i boscatges (1903), ampliada e refundida co título de Pinya de rosa (1920). Tamén escribiu en prosa La parada (1919) e Entre flames (1928) e, como poeta, El País del Pler (1906), Fulles ventisses (1919) e La cobla (1931). Pertenceu ao Institut d’Estudis Catalans (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardo de Sá Nogueira Figueiredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse no Santa Monica College Art Department de Los Angeles (1984-1988) e, pensionado pola Deputación da Coruña, ampliou estudos de escultura monumental en exteriores na Syracuse University (1992-1993). Das súas obras destacan Blizardo diablo no Stone Quarry Hill Art Park de Cazenovic (New York, 1993) e Deifo, no Paseo Marítimo de Ézaro (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Das súas obras destacan El poema lustral (1923), El Astete en verso (1925), Más lirismos y original letanía lanfreana (1946), Opúsculo raro (1946) e Atando cabos, largando cables... y desplegando velas (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, duque de Rivas. Liberal, fuxiu a Londres (1823), Italia (1825) e Malta. Amnistiado en 1834, volveuse conservador e tivo que fuxir novamente (1837). Foi embaixador en Nápoles e París, e presidente do Consello do Estado (1863). Nas primeiras obras evidenciou influencias neoclásicas, pero os contactos que mantivo durante os seus exilios, sobre todo en Malta, convertérono nun romántico apaixonado. Das súas obras destacan a obra poética El Moro Expósito (1834) e Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835), unha das obras clave do teatro romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joaquín Ramón Martínez Sabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madeleine de Souvré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Mouriño Estévez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sadomasoquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coexistencia, nunha mesma persoa, de pulsións sádicas e masoquistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sadomasoquismo.

    2. Que ou quen practica o sadomasoquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xu-rista, irmán de Ramón de la Sagra. Emigrou a Montevideo para encargarse dos negocios do seu pai (1801), onde combateu como sarxento primeiro da Compañía Voluntaria de Cazadores Urbanos e como subtenente no Batallón del Comercio (1811). Foi secretario da Cámara de Apelaciones da Provincia Oriental e membro do Superior Tribunal de Justicia de Uruguay (1838-1843) e, durante a Guerra Grande (1843-1851), pertenceu ao Consejo de Estado e a Asamblea de Notables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de oito illas, accidentadas e estériles, situadas ao S de Terranova, Canadá, no Océano Atlántico (242 km2; 7.000 h [estim 2001]). Constitúe un territorio francés de ultramar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Aisne, na rexión de Picardie, Francia, situada na ribeira do Somme e no canal de Saint-Quentin (59.066 h [1999]). Predominan as industrias téxtiles, do caucho, construcións mecánicas e eléctricas. Destaca a colexiata, gótica (ss XIII-XIV), destruída en parte na Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO