"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Franciscano e guerrilleiro. Enfrontouse aos franceses durante a Guerra da Independencia e colaborou coa Xunta Suprema de Galicia. A causa das súas ideas liberais, secularizouse aínda que finalmente abxurou das súas ideas en 1829. Escribiu, entre outros, Observaciones sobre la libertad de imprenta, acompañadas de algunas razones apologísticas de nuestra santa religión (1811-1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado en La Tierra de Campos, onde conflúen os ríos Valderaduey e Bustillo (1.665 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e forxador. Foi un dos teóricos máis importantes da arte renacentista castelá. Traballou no Alcázar de Toledo e realizou a reixa da capela maior da catedral toledana. Traduciu os libros terceiro e cuarto do Tratado de arquitectura de Serlio, en 1552.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condestable, conde de Ribadeo e vizconde de Illa. Apoiou a Enrique de Trastámara na guerra civil con Pedro I e participou na Guerra dos Cen Anos, ao servizo de Carlos VII de Francia. En 1431 recibiu de mans de Xoán II o título de conde de Ribadeo polo seu apoio aos Trastámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfonso Álvarez de Villasandino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sueco de Lappeenranta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa obra destacan Caminando al sol de Galicia (1946-1947, premiado polo Centro Galego de Bos Aires), Río Lérez (1950), Gracia e ingenio de Pontevedra (1954), Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967), Presencia y gozo del humorismo gallego (1968), En Galicia, una vez (1969) e Xoias e coitas da terra orballada (1972). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 1904 - 1993) Pintor. Relacionouse cos pintores españois da escola de París e recibiu a influencia do cubismo de Picasso e do surrealismo. Tras a Segunda Guerra Mundial as súas obras caracterizáronse pola importancia dos valores cromáticos e lumínicos. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos normandos guiados por Leif Eriksson, fillo de Eric o Vermello, ás costas da América do Norte, onde chegaron cara ao ano 1000, polo que sería a primera noticia do descubrimento deste continente. Parece que a terra descuberta correspondía ás costas da actual Massachusetts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante de banda deseñada. Coñecido como Jano, foi editor de Lixo e autor dos cómics Nieve Negra (1999-2000) e Calamar, e cofundador do colectivo Polaqia (2001-2002). Colaborou na obra Tapa Roja (2004). Recibiu o Premio do INJUVE de ilustracion e banda deseñada (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que debe ser evitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e decorador, Formouse en Venecia no obradoiro de Il Sansovino. Traballou con Palladio e con Il Veronese en obras de ornamentación como en Villa Barbaro en Maser (1565). De estilo manierista elegante e refinado, das súas obras destaca San Girolamo, en Santa Maria dei Frari en Venecia (1569).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico hindú. De nome Narendranāth Dutt, foi discípulo de Rāmakri ṣ hna (1882). Iniciou o diálogo intercultural e interrelixioso entre o hinduísmo e o cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990),   Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. Foi o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro, entre outros De cando Suso foi carteiro (1988) de X. Neira Vilas, O troleiro e outros contos (1999) de D. Vázquez, ou O País acuático (2001) de E. Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral ruso. Participou na Guerra Civil co exército vermello. Na Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Kiev. Capturado polos alemáns, aceptou colaborar con eles. Ao final da guerra os estadounidenses entregáronllo aos rusos, que o condenaron á forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco lamelibranquio de ata 9 cm de lonxitude, similar á zamburiña, pero coa valva dereita menos convexa ca a esquerda. É de cor variable (amarela, rosada, castaña, etc) e de nova vive fixada ao substrato a través do biso, ata os 200 m de profundidade. Ao lado do vértice da cuncha ten unhas prolongacións case iguais coñecidas como orellas. De adulta nada como a vieira, e controla a dirección do movemento segundo para que lado abran o manto para expulsar o chorro. Distribúese polo Mediterráneo e o Atlántico, e está presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Boris Pilniak, evolucionou da eslavofilia namorada da Rusia antiga de Krasnoje derevo (Caoba, 1929) a posicións soviéticas, como Volga vpadajet v kaspijskoje more (O Volga desemboca no mar Caspio, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO