voandeira
voandeira
(< voar)
s
f
[ANIMAL]
Molusco lamelibranquio de ata 9 cm de lonxitude, similar á zamburiña, pero coa valva dereita menos convexa ca a esquerda. É de cor variable (amarela, rosada, castaña, etc) e de nova vive fixada ao substrato a través do biso, ata os 200 m de profundidade. Ao lado do vértice da cuncha ten unhas prolongacións case iguais coñecidas como orellas. De adulta nada como a vieira, e controla a dirección do movemento segundo para que lado abran o manto para expulsar o chorro. Distribúese polo Mediterráneo e o Atlántico, e está presente en Galicia.