"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Físico. Investigou no campo da electricidade e inventou o electróforo (1775). Entre 1776 e 1778 dedicouse á química e descubriu e illou o metano. En 1800, a partir das observacións de Galvani sobre a electricidade animal, construíu a primeira pila eléctrica (pila voltaica).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso. É autor da catedral da Virxe de Kazan’ (1810-1811), que imita, principalmente na cúpula e na columnata, a San Pedro do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Na súa poesía tenta transmitir a tensión e o dinamismo do tempo actual con ritmos febrís, e chegar á esencia íntima das cousas mediante metáforas complicadas e o uso do grotesco, aliado á linguaxe técnica máis moderna. Publicou, entre outras obras, Antimiry (Antimundos, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Odessa 28.11.1883 - Nova York 22.11.1954) Político ucraíno. Foi fiscal xeral da URSS (1931-1938) e acusador principal dos procesos de Moscova. Participou na creación dos réximes comunistas nos Balcáns. Delegado na ONU (1946-1949 e 1953-1954), sostivo con dureza a política stalinista de expansións e tensión con EE UU.
-
PERSOEIRO
Gran duque de Lituania (1392-1430). Loitou contra os moscovitas e contra os tártaros. Xunto cos polacos, derrotou os cabaleiros teutónicos na Batalla de Grünwald-Tannenberg (1410) e ocupou Samoxitia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Bayreuth 5.1.1917 - Múnic 17.10.1966) Director de escena e produtor alemán, neto de Richard Wagner. Revolucionou a escenografía operística. Dirixiu o Festival de Bayreuth desde 1951 co seu irmán Wolfgang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Suwalki 6.3.1926) Director cinematográfico polaco. Realizou unha obra de gran realismo crítico sobre problemas profundamente humanos. Da súa filmografía destacan Popiol e diament (Cinzas e diamantes, 1958), Polonawie na muchy (A caza de moscas, 1968), Krajobraz po bitwie (Paisaxe tras a batalla, 1970), Korczak (1990), Pan Tadeusz (1999) e Zemsta (2002). Recibiu un Silbener Bär en 1996 e un Oscar en 2000.
-
PERSOEIRO
Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido, situada ao S do Támesis e ao SW da City (260.380 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrew Warhola.
-
PERSOEIRO
Artista e cineasta. Coñecido como Andy Warhol, partindo de experiencias informalistas de estilo abstracto-expresionista, converteuse no pioneiro da pop-art americana. Utilizou a fotografía e a serigrafía en composicións seriadas e repetitivas dunha mesma imaxe como accidentes de automóbil, Marilyn Monroe ou Mao. Dedicouse ao cine underground, mantendo a mesma imaxe durante horas na pantalla, Sleep (1963), ou mostrando a vida dos grupos marxinados, como en Blow-job (1964) ou Heat (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e radiotécnico escocés. Estudou o radar e as súas aplicacións, e conseguindo facer funcionar o primeiro radar práctico en 1935. En 1919 patentou o primeiro instrumento para o estudo da atmosfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal entre os lagos Erie e Ontario, en Canadá (44 km).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Poeta nacional e símbolo da independencia de Noruega, destacou polas súas ideas revolucionarias. Publicou obras como Digte. Forste ring (Poesías. Primeiro círculo, 1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico flamengo. Coñecido como Andrés Vesalio ou Vesalius, está considerado o fundador da anatomía moderna. Implantou un novo tipo de ensino anatómico. Escribiu De humani corporis fabrica libri septem (1543).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conurbación de Inglaterra, Reino Unido, que comprende, entre outras, as cidades de Dudley, Walsall, West Bromwich, Aldridge-Brownhills, Solihull, Sutton Coldfield, Smethwick, Halesowen, Stourbridge, Birmingham, o seu centro, e Wolverhampton. Ten industrias do automóbil, de maquinaria, electrónicas, químicas, téxtiles e alimentarias.
-
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra (899 km2; 2.555.592 h [2001]). A súa capital é Birmingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papúa Nova Guinea (8.500 km2; 440.025 h [2000]). A súa capital é Mount Hagen (27.782 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (807 km2; 137.700 h [estim 1999]). A súa capital é Savanna-la-Mar (16.600 h [1991]).