Warhola, Andrew
Warhola, Andrew
Artista e cineasta. Coñecido como Andy Warhol, partindo de experiencias informalistas de estilo abstracto-expresionista, converteuse no pioneiro da pop-art americana. Utilizou a fotografía e a serigrafía en composicións seriadas e repetitivas dunha mesma imaxe como accidentes de automóbil, Marilyn Monroe ou Mao. Dedicouse ao cine underground, mantendo a mesma imaxe durante horas na pantalla, Sleep (1963), ou mostrando a vida dos grupos marxinados, como en Blow-job (1964) ou Heat (1972).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Forest City, Pennsylvania -
Deceso
Lugar : Nova York