"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Propulsor de reacción que funciona grazas á exección dos gases resultantes de queimar, á presión, un combustible cun grande exceso de aire tomado do ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ban (1353-1377) e rei (1377-1391) de Bosnia, sobriño e sucesor de Estevo II de Bosnia. Ocupou lugares de Serbia, Herzegovina e Dalmacia. Tivo que abandonar o país un tempo a causa dunha revolta dos nobres bosnios, pero foi restaurado coa axuda de Luís I de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (15.745 km2; 1.686300 h [2000]). A súa capital é Ubon Ratchathani (106.552 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da península do Morrazo, situado no litoral da parroquia de Beluso, concello de Bueu, que delimita a beira meridional da ría de Pontevedra e a beira oriental da ría de Aldán. Ten unha superficie de 623 ha e unha altitude media de 48 m. Foi incluído como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na proposta da Rede Natura 2000 en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sueco de Oulun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • értice das valvas dos bivalvos, a partir do que vai medrando a cuncha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prominencia mamiliforme que presentan algúns fungos agaricáceos no centro do píleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Tratou temas como o desenvolvemento dos mercados de cereais por xunto e das letras de cambio negociables. Publicou The History of the Grain Trade in France, 1400-1710 (1913), Early History of Deposit Banking in Mediterranean Europe (1943) e A History of Mechanical Inventions (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situada ao NO da capital provincial e regado polo Ebro (11.896 h [2001]). Ten industria alimentaria, metalúrxica e de mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo ruso nacionalizado británico. Especializouse en entomoloxía e realizou investigacións importantes sobre os ortópteros da Asia central e a migración das lagostas. Foi membro da Royal Society, e en 1945 foi nomeado director da Antilocust Research Centre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe imperial, fillo de Napoleón III e Uxía de Montijo. Ao morrer o seu pai os bonapartistas proclamárono emperador, Napoleón IV, e converteuse no pretendente oficial ao trono imperial. Alistado como voluntario nunha expedición británica a Zululandia, foi asasinado polos nativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trabada baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite á parroquia de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras, cos municipios de Benuza e Encinedo, pertencentes, respectivamente, ás comarcas do Bierzo e de La Cabrera, ambas as dúas integradas na provincia de León, Castela e León. O seu cumio acada os 1.852 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto comisonado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Supervisa, de oficio ou a instancia de parte, a actividade da administración da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes ou empresas públicas ou dependentes, e a da administración local nas materias competencia da Comunidade. É elixido polo Parlamento para un período de 5 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade deportiva fundada en València en 1919. Xoga os seus partidos como local no campo de Mestalla e viste camiseta branca e pantalón negro. Gañou a Liga en 6 ocasións (1942, 1944, 1947, 1971, 2002 e 2004), 6 Copas do Rei (1941, 1949, 1954, 1967, 1979 e 1999), unha Supercopa de España (1999), dúas Copas de Feiras (1961 e 1962), unha Recopa de Europa (1980), unha Copa da Uefa (2004) e dúas Supercopas de Europa (1981 e 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra e escritor. Doutor en Medicina, especializouse en neuropsiquiatría. É autor de obras de divulgación como Psiquiatría clínica (1958), Introdución a la Psiquiatría (1960) e Ante la depresión (1987); e de creación literaria, como Concierto para instrumentos desafinados, Locos egregios (1981), Mishima o el placer de morir (1983), Yo, el rey (1985) e Yo, el intruso (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO