Valdeboi

Valdeboi

Monte que serve de límite á parroquia de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras, cos municipios de Benuza e Encinedo, pertencentes, respectivamente, ás comarcas do Bierzo e de La Cabrera, ambas as dúas integradas na provincia de León, Castela e León. O seu cumio acada os 1.852 m de altitude.