"AES" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi catedrático de Paisaxe na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Reaccionou contra o paisaxismo romántico de Xenaro Pérez Villaamil e impuxo a paisaxe naturalista. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito máis abaixo.

    2. Que ou quen asina ao final dun escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura básica necesaria para o funciomamento de algo.

      2. Base ou estrutura económica dunha sociedade. A estrutura é o fundamento do que se parte para explicar a superestrutura nos aspectos xurídico-político e ideolóxico.

      1. Parte dunha construción sobre a que se asenta esta, xeralmente baixo o nivel do terreo.

      2. Conxunto de elementos de base que facilitan o funcionamento do sistema produtivo e a reprodución da forza de traballo, como son as estradas, os ferrocarrís, as instalacións sanitarias, as urbanizacións, os sistemas educativos, o aprovisionamento de auga e outras fontes de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á infraestrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República Democrática Popular de Corea que constitúe unha provincia propia (1.255 km2; 331.000 h [estim 1987]). Situada ao SL do país, está cerca da fronteira coa República de Corea. É importante na súa economía a industria da porcelana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Froxais (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.160 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Regenerador (1882-1886), foi ministro das Obras Públicas, Comércio e Indústria (1893). Ingresou no Partido Republicano en 1903 e, logo da implantación da república, foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno provisional. Designado primeiro ministro (1913), foi elixido presidente da república en 1915 e defendeu a participación de Portugal na Primeira Guerra Mundial. Deposto polo movemento revolucionario de Sidónio Pais, en decembro de 1917, volveu á presidencia entre decembro de 1925 e maio de 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Rembrandt, adoptou o claroscuro nas pinturas de xénero anecdótico como A bendición. Foi un recoñecido retratista con obras como Jacobus Trip, O sindicato de cirurxiáns, Apóstolo Tomás e Retrato de muller nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación de tempos que esixen unha interpretación solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolás Tierry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo, que comprende parte dos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo. Conta cun total de 20 parroquias, das que 11 son matrices e 9 anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1900 e que cesou en 1901. Subtitulouse “Revista semanal de enseñanza” e estivo dirixida polo inspector de ensino primario Xerardo Álvarez Limeses. Substituíu o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza como revista profesional de maxisterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir do 1 de novembro de 1902 e que cesou entre 1908 e 1909. Subtitulouse “Revista decenal dedicada a la Primera Enseñanza pública, oficial y no oficial”. Estivo dirixida por Anxo Ferrín Moreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir de 1925 e que cesou ao redor de 1936. Dirixida por Xosé Álvarez Vázquez, apareceu baixo o subtítulo “Revista pedagógica”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en Pontevedra a partir do 15 de abril de 1885 e que cesou no mesmo ano (nº13). Apareceu co subtítulo “Periódico quincenal de primera enseñanza” e entregouse cos cadernos dunha obra publicada co mesmo nome e que se dedicaba aos mestres españois máis distinguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou na orde franciscana (1897) e colaborou en El Eco Franciscano. Escribiu Escuela Nocturna Obrera Gratuita. Su valor social (1928) e Presentación de nuestras banderas (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Xavier Fernández Magalhães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda espacial da NASA que se lanzou a Venus en 1989. Os datos enviados serviron para facer un mapa do 97% da superficie do planeta, en que se detectaron volcáns. Ten unha resolución de 120 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático brasileiro. Considerado o iniciador do romanticismo en Brasil, cultivou a lírica (Suspiros poéticos e saudades 1836), o teatro (Olgiato, 1841) e a novela (Amância, 1844). Da súa obra destaca o libro de poemas épico A confederação dos Tamoios (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. De orixe nobre, en 1505 participou na expedición do vicerrei Francisco de Almeida en India. Navegou por Extremo Oriente e colaborou co vicerrei Alburquerque ata 1513, que volveu a Portugal. Combateu en Marrocos (1514) e en contacto co Rei Carlos I, suxeriu chegar as illas Molucas seguindo a ruta occidental pola demarcación castelá. En 1518 foi nomeado capitán xeneral da flota e gobernador das terras que descubrira. Partiu de Sevilla un ano despois con cinco naves e navegou ata Rio de Janeiro e Patagonia, e dirixiuse ao S onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Iniciou a travesía do Pacífico con tres naves e en marzo de 1521 chegou as illas Marianas. Días despois arribou á illa de Cebu en Filipinas e percorreu outras como a de Mactán, onde morreu a mans dun grupo indíxena. A expedición continuou a viaxe, que acabou a nave Victoria, comandada por Juan Sebastián Elcano.

    VER O DETALLE DO TERMO