infraestrutura

infraestrutura

(

  1. s f
    1. Estrutura básica necesaria para o funciomamento de algo.

      Ex: Foi a Mauritania para crear a infraestrutura da empresa conserveira naquel país.

    2. [ECON]

      Base ou estrutura económica dunha sociedade. A estrutura é o fundamento do que se parte para explicar a superestrutura nos aspectos xurídico-político e ideolóxico.

  2. s f
    1. Parte dunha construción sobre a que se asenta esta, xeralmente baixo o nivel do terreo.

      Confrontacións: alicerce, cimento.
    2. [ECON]

      Conxunto de elementos de base que facilitan o funcionamento do sistema produtivo e a reprodución da forza de traballo, como son as estradas, os ferrocarrís, as instalacións sanitarias, as urbanizacións, os sistemas educativos, o aprovisionamento de auga e outras fontes de enerxía.