alicerce

alicerce

(<ár al-isās ‘fundación’)

  1. s m

    Base ou cimentos dunha construción sobre a que se asenta esta. OBS: Con esta acepción utilízase xeralmente en plural.

    Ex: Por mor da construción dos aparcamentos danaron os alicerces destes edificios.

    Sinónimos: fundamento.
  2. s m

    Base ou fundamento sobre a que se apoia unha idea ou principio tanto filosófico coma político e social.

    Ex: O alicerce da túa afirmación está baseado no respecto ás persoas.

    Sinónimos: base, cimento, base.

Palabras veciñas

alicatado -da | alicate(s) | Alice | alicerce | Alicerces | alicerzar | Alicia