Alicerces
Alicerces
[PUBLIC]
Revista semestral de alumnos nada en xuño de 1994 na Facultade de Xornalismo de Santiago. Coordinada por Rocío Castro Tarrío, conta coas colaboracións de Anxo Quintela, Carme Hermida, Pepe Carreiro, Wenceslao Caride, Carlos Taibo, Suso de Toro e Xaquín Marín. Incluía diversas seccións de humor, reportaxes, fotografía, entrevistas, información cultural, política, música, cine e teatro, xunto a temas de lingua e literatura.