"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Gascuña, Languedoc, que forma, en boa parte, o departamento de Gers. É unha terra de ondulacións montañosas, con bosques nas partes máis altas e bancos de area e arxilas terciarias nas pendentes, plantadas de viñas, das que os seus acios se empregan para a fabricación de viños brancos, e dos que se obtén a coñecida augardente armañac. O condado de Armagnac foi creado no 960 a favor de Bernaldo I o Birollo. Máis tarde foron incorporados os condados de Rodés e de Carlat e os vizcondados de Lomanha, Autvilar, Comenges e de Charolais. O Rei Enrique III de Navarra e IV de Francia incorporou o condado á Coroa no 1607. Luís XIV cedeullo (1654) a Enrique de Lorena-Guisa, conde de Hartcourt, que o mantivo ata a Revolución Francesa (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de datación baseada na comparación entre o magnetismo remanente (orientación das partículas de ferro e intensidade do campo magnético terrestre) que permanece fixo en certos materiais (cerámicas cocidas a 650º non requecidas con posterioridade, fornos, fogares, etc), coas variacións rexistradas ao longo do tempo no campo magnético terrestre. Deste xeito pódese elaborar un esquema das variacións temporais na dirección magnética, que se pode empregar para datar outras estruturas de arxela cocida e idade descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Llull, escrita entre 1305 e 1308, titulada Ars magna generalis ultima, na que enuncia de xeito definitivo cuestións que xa explicara noutras obras anteriores. A finalidade da arte consiste en propoñer un sistema de principios moi xerais, aplicables a todas as ciencias, que servise de axuda para encontrar a verdade e resolver así os diversos problemas científicos. A arte lluliana pode resumirse en seis elementos característicos, dentro dos cales os principios absolutos, os principios relativos, os suxeitos e as regras interrogativas son simbolizados por letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de álxebra de Gerolamo Cardano, editado en Nuremberg en 1545. É o primeiro tratado de teoría sistemática de ecuacións; así mesmo, contén os traballos posteriores do seu discípulo Ludovico Ferrari, co estudo das ecuacións de cuarto grao e as súas solucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino e mestre en Retórica. Deixou un gran número de poemas (“Liber eglogarum”, “Ephemeris”, etc.) A súa obra máis importante é Mosella, narración en hexámetros dunha viaxe ao longo do río Mosella, que posúe unha gran riqueza nas descricións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade para localizar correctamente as diversas partes do propio corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo d’Agnolo Baglioni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tallador. Comezou como escultor, traballando no coro de Santa María Novella en Florencia (1491-1496). Foi primeiro mestre de obras da Catedral de Florencia (1507-1515). Outra das súas obras, o Palacio Bartolini-Salimbeni de Florencia (1517-1520), influído por Raffaello Sanzio e Sangallo o Novo, provocou grandes controversias xa que se afastaba da tradición de Brunelleschi ao intercalar fornelos entre as fiestras, que estaban coroados por frontóns curvos ou triangulares. Outras obras florentinas súas son os campanarios da Igrexa do Santo Espírito e de San Miniato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturga e novelista. Conseguiu éxito internacional con National Velvet (Veludo nacional, 1961) obra de teatro da que se fixo unha versión cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeomorfólogo. Experto na física das dunas e na mecánica dos sedimentos, traballou ao servizo do exército británico durante a Segunda Guerra Mundial, especialmente para loitar contra o exército italiano no norte de África. Tamén estudiou as características topográficas de Marte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Estudiou en Atenas, Múnic e Frankfurt, onde debutou en 1968. Na actualidade é unha das mezzos-coloratura máis apreciada internacionalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnosia caracterizada pola perda da facultade de avaliar o peso dos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dalgúns organismos de percibir os campos magnéticos naturais ou artificiais, como é o caso das pombas que empregan esta facultade para orientarse nos seus desprazamentos. As correntes eléctricas, que se manifestan en diversas partes do corpo, producen campos magnéticos que poden ser rexistrados en magnetoencefalogramas e magnetocardiogramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1290-1319). Fillo e sucesor de Magnus I. Tivo que facer fronte a varias sublevacións, razón pola cal fuxiu a Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no ano 1987 editada pola Asociación Juvenil Wagneriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro alemán. Foi unha das figuras máis destacadas da segunda xeración de vangardistas da astronáutica. Graduado en 1932 en enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Berlín, especializouse na tecnoloxía dos foguetes e estudiou os motores foguete de propulsión líquida. Foi nomeado xefe da estación experimental de Kummersdorf polo goberno nazi. Dende 1937 ata 1945 foi director técnico do centro experimental de foguetes de Peenemünde (Mar Báltico), de onde xurdiu a V-2 (1944), primeiro foguete balístico de longo alcance. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi traballar aos EE UU. A partir de 1950 creou en Huntsville (Alabama) os foguetes Redstone, Jupiter-C, Jupiter, Juno e Pershing. En 1955 converteuse en cidadán dos EE UU. En 1958 puxo en órbita o Explorer I, mediante un foguete Jupiter-C. Desenvolveu os foguetes da serie Saturn, xa na NASA, onde foi director adxunto no período 1970-1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnolo di Cosimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artistas, o seu bisavó, Thomas Burgess (activo 1766-1786), tivo academia propia en Maiden Lane, o avó, William Burgess (1749-1812) foi retratista e o seu pai H. G. Burgess (activo 1809-1844) foi pintor de paisaxes. Discípulo de sir William Charles Ross e J. M. Leigh, estudiou na Real Academia. Iniciouse con escenas de xénero e retratos. Viaxou a España e dedicouse por completo a pintar cadros de tema español. Entre as súas obras cómpre destacar Bravo, Toro (1865), Robada por los gitanos (1868), Concediendo la licenza a los mendigos de España (1877) ou La limosna de un artista (1886). Foi membro da Real Academia dende 1888, onde exhibiu desde 1850 a 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento dos Alpes Marítimos, na Provenza, Francia, á beira do Mar Mediterráneo (35.214 h [1982]). Situada no treito do litoral denominado Costa Azul, é un coñecido centro turístico. Acolle a casa-museo de Auguste Renoir.

    VER O DETALLE DO TERMO