"AID" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • PERSOEIRO

    Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de contraer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillas de Dánao, rei lendario de Argos. Eran cincuenta irmás que casaron con outros tantos fillos de Exipto, pero na noite de vodas, seguindo ordes de Dánao, degolaron os seus maridos, dos que só sobreviviu Linceo, que foi perdoado por Hipermmestra. Co tempo Linceo vingaríase matando a todas elas, que quedarían eternamente nos Infernos a verter auga nun vaso sen fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos danaidos.

    2. Lepidóptero da familia dos danaidos

    3. Familia de lepidópteros á que pertence o xénero Danaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de decaer.

    2. Que se sente debilitado física ou moralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Comezou a súa carreira profesional a finais a Segunda Guerra mundial. Reporteiro de diversas publicacións e xornais, en 1951 trasladouse a Toulouse, onde se estableceu como fotógrafo independente. Nese mesmo ano viaxou a España e coñeceu a Salvador Dalí, de quen tomou un retrato coñecido internacionalmente. Fundador do grupo Libre Expresión en 1963, agrupou a diversos admiradores da obra de Otto Steinert e da fotografía subxectiva. Expuxo a súa obra na galería da súa propiedade en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distraer ou distraerse.

    2. Que distrae.

    3. Aplícase á persoa que acostuma a distraerse ou que non mantén a atención no que está facendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dromaidos.

    2. Ave da familia dos dromaidos.

    3. Familia de aves á que pertence o emú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema clasificatorio de instrumental lítico, desenvolto por M. D. Echaide, que tivo en conta as peculiaridades propias dos bifaces galegos. Baseado nas partes corticais distinguiu catro grupos: pezas con base reservada na súa totalidade, pezas de base parcialmente reservada, pezas con talla total e pezas diversas. Aínda que os avances metodolóxicos fixeron necesaria unha revisión deste sistema, continúa a ser unha referencia no estudo das tipoloxías líticas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido elaídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estereoisómero do ácido oleico, que é a forma cis-, a partir do que se obtén por acción do HNO3. Forma agullas que funden a 16,3°C. É insoluble en auga e moi soluble nos disolventes orgánicos máis habituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster elaídico da glicerina que se obtén pola acción do ácido nitroso ou do nitrato de mercurio. Funde a 36°C e saponifícase en ácido elaídico e glicerina baixo a acción dun álcali.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de envaidecer ou envaidecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar ou infundir vaidade ou soberbia a alguén.

    2. olverse alguén vaidoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Da súa produción destacan Archipiélago (Premio Sésamo 1981), El Sur (1985), Bene (1985), El silencio de las sirenas (Premio Herralde 1985 e Premio Ícaro), La lógica del vampiro (1990), Mujeres solas (1996) e El secreto de Elisa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador francés. Consérvanse del setenta poesías e algunha melodía, dun clasicismo convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos haida ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo haida.

    3. Pobo indíxena de Canadá que habita nas illas de Raíña Carlota e ao S da illa do Príncipe de Gales. Pertencen ao grupo cultural dos indios do noroeste e a súa economía baséase na pesca do salmón, a caza de grandes animais mariños e a utilización da madeira dos montes. Da súa arte destacan os tótems e as máscaras de madeira.

    4. Lingua que pertence ao phylum na-dené. Xunto cos pobos tlingit (ó N de Vancouver), kwakiutl, tsimshian e salish (na costa da Columbia Británica), constitúen o grupo cultural denominado do noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxas de interferencia orixinadas ao incidir un feixe diverxente sobre unha película de dieléctrico. Teñen a mesma inclinación e obsérvanse en láminas transparentes de caras paralelas. Recibe o nome do seu descubridor, Wilhelm von Haidinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro das milicias irregulares húngaras. Vixiaban as fronteiras, pero trala invasión turca de Hungría no s XVI convertéronse en bandoleiros. No s XIX, tras unirse aos independentistas serbios e búlgaros (1804-1813), recoñeceuse a súa autonomía no distrito de Hajdú. Posteriormente serviron a Rusia na loita contra Turquía (1877-1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restrelo levadizo, de forma completamente desnaturalizada, que se representa con tres faixas, colocadas unha enriba da outra, coas extremidades abscisas e xeralmente cortadas ao bies.

    VER O DETALLE DO TERMO