Danaides

Danaides
[MIT]

Fillas de Dánao, rei lendario de Argos. Eran cincuenta irmás que casaron con outros tantos fillos de Exipto, pero na noite de vodas, seguindo ordes de Dánao, degolaron os seus maridos, dos que só sobreviviu Linceo, que foi perdoado por Hipermmestra. Co tempo Linceo vingaríase matando a todas elas, que quedarían eternamente nos Infernos a verter auga nun vaso sen fondo.

Palabras veciñas

Dana, James Dwight | danado -da | Dánae | Danaides | danaido -da | danakil | Danakil