"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca dun xerador de efectos dixitais e mesturador que se emprega en edición dixital convencional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe incerta. Probablemente vén do asirio habel, habal ‘fillo’ aínda que tamén hai quen lle atribúe o significado de ‘efémero’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo o libro da Xénese, fillo segundo de Adán e Eva. Foi o primeiro pastor e ofrecía a Deus sacrificios máis gratos ca os do seu irmán Caín, agricultor e primoxénito, que por envexa asasina a Abel, primeiro asasinado da historia. O mito de Caín e Abel reflicte a actitude do pobo de Israel, dedicado ao pastoreo, con respecto a outros modos de vida distintos ao propio (especialmente os dos seus veciños labregos) durante o II milenio a C, momento de formación da súa tradición oral. A súa festa é o 28 de decembro, día dos Santos Inocentes, moi celebrado na Galicia tradicional.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro Técnico Agrícola e Doutor en Historia da Arte.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa carreira políticacomeza en 1973 como Delegado de Acción Política e Participación do Movemento Nacional. No 1978 ingresou en Alianza Popular onde ocupou os cargos de Secretario e Presidente Provincial de Lugo ata 1982. Nas eleccións autonómicas de 1981 encabezou a candidatura pola circunscrición de Lugo onde acadou a acta de deputado na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia.
En 1987 abandonou Alianza Popular e ocupou a secretaría da Coalición Progresista e Independente de Lugo. Foi, sucesivamente, Delegado Provincial en Lugo das Consellerías de Cultura, de Educación e Cultura e de Cultura e Benestar Social. Ocupou o cargo de Director Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitario ata 1989, ano en que cesou para... -
PERSOEIRO
Químico inglés. Descubriu o procedemento de estabilización da nitrocelulosa e inventou con J. Dewar a cordita, pólvora sen fume.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacólogo e bioquímico norteamericano. Illou unha substancia que denominou epinefrina, pero que non era a hormona propiamente senón un derivado. O seu procedemento de plasmaférese suxeriu a posibilidade dos bancos de sangue. Obtivo por primeira vez cristais de insulina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gambista alemán, discípulo de J. S. Bach e músico da corte de Dresden. Foi un compositor notable de música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático noruegués. Demostrou que as raíces da ecuación xeral de grao maior ou igual a 5 non se poden expresar por funcións radicais dos seus coeficientes (teorema de Abel). Estudiou as integrais elípticas e tamén as chamadas integrais e ecuacións abelianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paleontólogo austríaco. Coa súa obra Lebensbilder aus der Tierwelt der Vorzeit (1922) sentou as bases da paleoecoloxía e supuxo un paso fundamental para a integración da paleontoloxía animal como un elemento máis da zooloxía sistemática.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Froito en noz arredondado, de pericarpo leñoso, de cor acastañada e envolto nunha bráctea verde, partida e longa coma o froito, que dá a abeleira.
-
Semente esbrancuxada e comestible do froito da abeleira. As abelás de cultivo, xa sexan frescas, secas ou torradas, teñen numerosas aplicacións culinarias e en pastelería (fariñas, xeados, turróns, chocolates, etc); tamén se consumen directamente como froito seco. Debido ao seu elevado contido lipídico, extráese dela aceite, tanto para o consumo humano como para fabricar xabróns, cosméticos, etc.
-
-
Concreción leñosa do tamaño dunha abelá, que se produce pola suberización irregular por causa dun gromo abortado nas sobreiras, e que é un dos defectos que poden presentar as láminas de cortiza.
-
Representación heráldica da abelá, en forma estilizada, dentro do seu invólucro. Xeralmente aparece en grupos de tres, unidas polas súas bases.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa obra sitúase na evolución do neorrealismo cara ás novas alternativas técnicas.
Entre os seus títulos máis sobranceiros cómpre mencionar A cidade das flores (1959), Os desertores (1960), As boas intenções (1963), Enseada amena (1966), Bolor (1968), O bosque harmonioso (1982), cambiante e escéptico anti-romance histórico, Único animal que.. (1985), Deste modo ou daquele (1990), romance de desencontro no amor, e Outrora agora (1996).
Tamén se dedicou ao teatro, escribindo pezas como A palavra é de oiro (1961) e O nariz de Cleópatra (1962). -
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe portuguesa que tivo a súa casa primitiva na Torre de Castelhanos, na Terra de Barroso, preto de Chaves. As súas armas levan, en campo de ouro, tres faixas de goles cargadas con cadansúas tres estrelas de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
-
Que presenta a forma ou a cor da abelá.
-
Designa o que está engurrado e enxoito coma unha abelá seca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abeleira.