abelá
(
-
s
f
[BOT/AGR]
-
Froito en noz arredondado, de pericarpo leñoso, de cor acastañada e envolto nunha bráctea verde, partida e longa coma o froito, que dá a abeleira.
-
Semente esbrancuxada e comestible do froito da abeleira. As abelás de cultivo, xa sexan frescas, secas ou torradas, teñen numerosas aplicacións culinarias e en pastelería (fariñas, xeados, turróns, chocolates, etc); tamén se consumen directamente como froito seco. Debido ao seu elevado contido lipídico, extráese dela aceite, tanto para o consumo humano como para fabricar xabróns, cosméticos, etc.
-
-
s
f
[BOT/AGR]
Concreción leñosa do tamaño dunha abelá, que se produce pola suberización irregular por causa dun gromo abortado nas sobreiras, e que é un dos defectos que poden presentar as láminas de cortiza.
-
s
f
[HERÁLD]
Representación heráldica da abelá, en forma estilizada, dentro do seu invólucro. Xeralmente aparece en grupos de tres, unidas polas súas bases.