"Acte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 94.

    1. Toxina de orixe bacteriana.

    2. Toxina destrutora de bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminación, en gran cantidade, de bacterias polos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bacteroidáceas.

    2. Bacteria da familia das bacteroidáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais; de forma vacilar, ás veces con ramificacións, son dun marcado pleomorfismo e Gram-negativas. Xeralmente fermentan hidratos de carbono simples producindo ácidos. Encóntranse no intestino e nas membranas mucosas de animais homeotermos. Ás veces son patóxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante a unha bacteria.

    2. Nome dado ás bacterias do xénero Rhizobium, que viven nos nódulos das raíces das fabáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias da familia das bacteroidáceas que forman parte da flora intestinal normal do home e doutros mamíferos, abundantes sobre todo no colon; son Gram-negativas, anaeróbicas e non forman esporas. As especies B. fragilis e B. melaninogenicus son patóxenas para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano foliáceo de estrutura máis simple cá das follas normais, e de forma, medida, coloración, etc, distintas destas e das pezas da corola. Está situado preto das flores, que nacen, a miúdo, na axila das brácteas (brácteas nais ou floríferas). Ás veces, adoptan formas vistosas e cambian os pétalos para atraer os insectos.

      2. Cada unha das estruturas unicelulares que nas caroficies envolven os órganos reprodutores.

      3. Cada un dos filidos máis grandes ca os normais que forman o involucro dos brións e das hepáticas talosas.

    1. Folla de metal batido, moi fina, xeralmente de ouro ou prata. Usábase na Antigüidade en Oriente, en Grecia e en Roma para fabricar xoias ou para revestir obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha bráctea ou varias brácteas.

    2. Moeda acuñada enriba dunha folla metálica moi fina cun cuño que bate só por unha cara, onde aparece o debuxo en relevo; na outra cara, aparece o mesmo debuxo pero con relevos inversos. Foi unha técnica moi empregada en Alemaña na época medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás brácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou natureza de bráctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla, xeralmente pequena, que nace na base do pedicelo floral. Este termo emprégase, sobre todo, cando hai tamén brácteas situadas no pedúnculo da inflorescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten bractéolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás bractéolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitas brácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente as brevibacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das brevibacteriáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por pequenos bacilos Gram-positivos, curtos e a miúdo pigmentados. Son móbiles, con flaxelos perítricos ou, máis raramente, cun único flaxelo. Poden ser aerobios ou anaerobios facultativos, pero só fermentan os azucres aerobicamente. Viven de forma saprófita no solo, nas augas continentais e no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgunha cousa.

      1. Signo de calquera sistema de escritura, feito a man ou con letra de imprenta.

      2. Estilo ou forma particular da escritura ou dos tipos da imprenta. OBS: Emprégase normalmente en plural.

      3. carácter tipográfico

        Tipo de letra de imprenta.

      1. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

      2. Característica especial de algo que se expresa no adxectivo que o acompaña.

      3. Modo de ser das cousas debido ás súas características especificas.

    2. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta. O carácter representa a personalidade aparente, manifesta, superficial e facilmente observable, en oposición ao temperamento, concepto que inclúe os factores profundos, instintivos e conxénitos do individuo, e a diferenza da personalidade, concepto que abrangue os aspectos biolóxicos e constitucionais xeralmente excluídos do carácter. Como fundamento e base de calquera acción responsable, ten un parentesco moi achegado á conciencia e ás propias convicións. Diante da opinión de que o carácter non é modificable, outras correntes defenden que a acción educadora pode modificar a incidencia que os factores característicos teñen sobre o comportamento das persoas. Pódese afirmar que o carácter se moldea como un todo a partir de certas disposicións xenéticas e das experiencias persoais polas que o individuo vai pasando...

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que serve para caracterizar.

    2. Propiedade ou trazo polo que se diferenza e distingue unha persoa, animal ou cousa das demais.

    3. Actor de teatro especializado na interpretación de personaxes de idade avanzada ou que precisan dalgún tipo de transformación (en contraposición a papeis de galán, galán adolescente, dama, dama adolescente, etc).

    4. Cifra ou cifras que indican a parte enteira dun logaritmo.

      1. Curva que representa a relación entre dúas ou máis magnitudes referidas ao funcionamento dun elemento, compoñente, transdutor, dispositivo electrónico, etc. Teñen unha grande importancia as dos tubos e mais as dos transistores, que se utilizan para determinar o funcionamento correcto. Hai que diferenciar entre a característica estática (funcionamento sen carga e con réxime continuo) e a característica dinámica (con carga e réxime alterno). As características máis comúns son as de entrada, as de saída e as de transferencia.

      2. Curva determinada experimentalmente que representa as variacións dunha das variables da máquina, aparello, motor, etc, en función doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode caracterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caracterizar ou de caracterizarse.

    2. Técnica empregada para informar o receptor sobre aspectos distintivos vinculados cos personaxes ou coas situacións dunha determinada obra literaria. Facilita os medios para imaxinar o universo literario evocado, ao tempo que se refliten as motivacións e as accións dos personaxes. Os procedementos de caracterización evolucionaron co paso do tempo. No teatro clásico e na narrativa anterior ao século XVII, a caracterización estaba fortemente estereotipada, xa que presupuña o coñecemento da psicoloxía de certos tipos, asumida pola tradición e a convención. Non obstante , no século XIX, co realismo e co naturalismo comezáronse a describir minuciosamente as condicións de vida dos personaxes, establecendo un paralelismo entre os seus trazos específicos e o medio no que evolucionaban. Así mesmo, o século XX marcou o desenvolvemento de novas técnicas de caracterización vinculadas ao mundo interior dos protagonistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de caracterizar.

    2. Aplícase ás persoas cando se considera que teñen prestixio ou que están autorizadas para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen caracteriza.

    VER O DETALLE DO TERMO