caracterización

caracterización

(

  1. s f

    Acción e efecto de caracterizar ou de caracterizarse.

    Ex: A caracterización que fixeron do delincuente foi case que exacta.

  2. s f [LIT]

    Técnica empregada para informar o receptor sobre aspectos distintivos vinculados cos personaxes ou coas situacións dunha determinada obra literaria. Facilita os medios para imaxinar o universo literario evocado, ao tempo que se refliten as motivacións e as accións dos personaxes. Os procedementos de caracterización evolucionaron co paso do tempo. No teatro clásico e na narrativa anterior ao século XVII, a caracterización estaba fortemente estereotipada, xa que presupuña o coñecemento da psicoloxía de certos tipos, asumida pola tradición e a convención. Non obstante , no século XIX, co realismo e co naturalismo comezáronse a describir minuciosamente as condicións de vida dos personaxes, establecendo un paralelismo entre os seus trazos específicos e o medio no que evolucionaban. Así mesmo, o século XX marcou o desenvolvemento de novas técnicas de caracterización vinculadas ao mundo interior dos protagonistas.