"Adela" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi redactor da Axencia EFE, redactor xefe de El Indiscreto Semanal e director da revista En Punta, de Madrid. A partir de 1980 e ata 1995 foi nomeado director e, dende 1995, director xeral do xornal El Progreso, Telelugo e Lugopress. Exerceu tamén como presidente da Asociación da Prensa de Lugo, como tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e como presidente da Asociación Galega de Televisións Locais. Coproduciu a película Sal gorda (1984), dirixida por Fernando Trueba, e dirixiu a serie de televisión Vinte séculos de noivado. Publicou os libros Ideologías para un rey (1975), Panfletos y prensa antifranquista clandestina (1976), La enciclopedia morada (1980), Homes de Fole (1983), Papá (1985), Cuba en dos tiempos (1985), Cien pájaros en mano (1986), Barreiro contra Barreiro (1990), Manual del perfecto político (1991), El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corte pequeno e de escasa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, fillo de Manuel Curros Enríquez. Pasou a súa infancia en Celanova e Ourense, e estudiou Filosofía e Letras, sen chegar a rematar a carreira. Dirixiu e anotou as Obras completas de seu pai e traduciu ao castelán O divino sainete (1918). É autor da zarzuela El traje misterioso, con música de Saco del Valle, que se estreou no Teatro Eslava de Madrid, e xunto con Manuel B. Caballero escribiu a zarzuela nun acto La Muiñeira, con música de Arturo Lafuente, da que só se publicou en 1904 un fragmento baixo o título de Jan na Revista Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escaldadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escapar.

    2. Saída curta a algún lugar, especialmente deixando as ocupacións ou traballos habituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de elaboración do liño que consiste en golpear os feixes coa espadela para eliminar as fibras defectuosas.

    2. Instrumento de madeira en forma de macheta que xunto co espadeleiro, serve para espadelar o liño.

    3. Peza do tear, constituída por unha serie de furados, que evita que os fíos se enguedellen.

    4. Remo máis longo ca os outros dun mesmo bote usado polo proeiro; colócase na popa do bote e serve para gobernalo en vez do temón ou para remar á sirga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen espadela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bater as estrigas do liño coa espadela para lle quitar as febras defectuosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), traballou na Misión Biolóxica de Galicia (1970-1980) e ten un master en educación ambiental (1992). Cofundadora e membro da directiva da AS-PG (1979-1985) e logo da Associação Sócio Pedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP), organizou as Escolas de Verán e as Xornadas do Ensino en Galicia. Tamén foi fundadora da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Dirixiu a revista O Ensino (1978-1990) e forma parte do equipo de redacción dos libros de texto da ESO, área de ciencias da natureza, bioloxía e xeoloxía, da Editorial ECIR e colabora con UNICEF na sección Educación para el Desarrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadela de frade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Santiago Fernández Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roubo de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Da súa produción destacan Archipiélago (Premio Sésamo 1981), El Sur (1985), Bene (1985), El silencio de las sirenas (Premio Herralde 1985 e Premio Ícaro), La lógica del vampiro (1990), Mujeres solas (1996) e El secreto de Elisa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lavado lixeiro e superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dramaturgo. Conservador, foi ministro de Ultramar (1868-1872 e 1874-1877) e presidente do Congreso de los Diputados durante o reinado de Afonso XII. O seu teatro comprende unha primeira etapa romántica, con Los dos Guzmanes (1851) e Rioja (1854) e unha segunda etapa denominada alta comedia que agrupa as pezas de ambientación burguesa e tendencia moralizadora, como El tejado de vidrio (1856), El nuevo don Juan (1863) e Consuelo (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO