Cora Paradela, Xosé de
Xornalista e escritor. Foi redactor da Axencia EFE, redactor xefe de El Indiscreto Semanal e director da revista En Punta, de Madrid. A partir de 1980 e ata 1995 foi nomeado director e, dende 1995, director xeral do xornal El Progreso, Telelugo e Lugopress. Exerceu tamén como presidente da Asociación da Prensa de Lugo, como tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e como presidente da Asociación Galega de Televisións Locais. Coproduciu a película Sal gorda (1984), dirixida por Fernando Trueba, e dirixiu a serie de televisión Vinte séculos de noivado. Publicou os libros Ideologías para un rey (1975), Panfletos y prensa antifranquista clandestina (1976), La enciclopedia morada (1980), Homes de Fole (1983), Papá (1985), Cuba en dos tiempos (1985), Cien pájaros en mano (1986), Barreiro contra Barreiro (1990), Manual del perfecto político (1991), El libro del viajero feliz (1992), Letra de muller (1992), Pecados manuais (1992), Fascinación y misterio de ella (1994), Pelúdez despide a Trapacero (1995), O Camiño dos medios (1997), Contos do Camiño (1997), Dicionario de Fole (1997), Fala Fole (1997), Pascual Veiga (1998) e Xosé Trapero Pardo (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo