"Adria" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adriaan van den Spiegel.
-
GALICIA
Sindicalista. Emigrou a Bos Aires onde foi panadeiro e adoptou o ideal libertario, dirixindo o seu gremio. Foi representante da Sociedad de Resistencia y Colocación de Obreros Panaderos creada en Montevideo (1901). En 1903 expulsárono de Arxentina e instalouse ao ano seguinte en Montevideo. Foi membro do Sindicato de Oficios Varios da Villa del Cerro e dirixiu o xornal El Obrero. Participou na Conferencia Latino Americana del Trabajo en México (1938), dirixiu o Sindicato de Vendedores de Diarios e foi o xestor da Casa del Canillita, denominación dos vendedores de xornais na rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en Alemaña, na corte de Savoia (1588), en Praga, ao servizo do Emperador Rodolfo II (1601), e en Dinamarca, para Cristián IV. Foi autor de fontes, monumentos funerarios e esculturas de mármore, cera e bronce, de inspiración manierista como Mercurio e Psique (1593).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor flamengo. Mestre de capela de San Marcos de Venecia, fundou a escola veneciana. Compuxo 350 motetes, 9 misas, 60 madrigais italianos, 65 cancións francesas, 14 danzoni villanesche alla napolitana e máis de 12 ricercari.
VER O DETALLE DO TERMO