Troitiño, Adrián
Troitiño, Adrián
Sindicalista. Emigrou a Bos Aires onde foi panadeiro e adoptou o ideal libertario, dirixindo o seu gremio. Foi representante da Sociedad de Resistencia y Colocación de Obreros Panaderos creada en Montevideo (1901). En 1903 expulsárono de Arxentina e instalouse ao ano seguinte en Montevideo. Foi membro do Sindicato de Oficios Varios da Villa del Cerro e dirixiu o xornal El Obrero. Participou na Conferencia Latino Americana del Trabajo en México (1938), dirixiu o Sindicato de Vendedores de Diarios e foi o xestor da Casa del Canillita, denominación dos vendedores de xornais na rúa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Moalde, Silleda -
Deceso
Lugar : Montevideo