"Albán" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 48.

  • PERSOEIRO

    Filósofo, poeta e crítico literario armenio. Demócrata revolucionario e profesor de armenio en Moscova, foi preso e deportado. Dos seus traballos de ensaio descatan Reč ob arm’anskoj slovesnosti (Discurso sobre filosofía armenia, 1854) e Sos e Varditer (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. Defensor da lingua tradicional, escribiu o poema épico El Orfeo en lengua castellana (1624), a novela breve Sucesos y prodigios de amor (1624) e numerosas obras dramáticas, como La monja alférez e Los amantes de Teruel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao O da capital provincial e regado polo Tajo (7.131 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao N de Londres (129.005 h [2001]). A súa economía baséase na fabricación de cronómetros e de instrumentos musicais. Ten unha catedral normanda do ss XI-XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de arxila que separa, en determinados xacementos, as paredes do filón de mineral da rocha estéril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coles baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual de numerosos xornais e revistas, cultivou case todos os xéneros, aínda que o ensaio e a novela constitúen os eixes da súa actividade literaria. Polemista, é autor de Manifiesto subnormal (1970), Crónica sentimental de España (1971), La penetración norteamericana en España (1974) e do alegato contra o neoliberalismo contemporáneo Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Creou a figura do detective Pepe Carvalho que protagonizou a serie de novelas formada por Yo maté a Kennedy (1972), Los mares del sur (1978, Premio Planeta) e Asesinato en el Comité Central (1981), entre outros títulos. Da súa obra destacan Galíndez (1990, Premio Nacional de Narrativa 1991 e Premio Europa de Literatura 1992), Autobiografía del General Franco (1992) e El estrangulador (1994, Premio de la Crítica Española). Tamén é autor de poemarios, como Una educación sentimental (1967),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos albaneses (1928-1939). Ata converterse en rei foi coñecido co nome de Ahmed Beg Zogu. En 1921 foi nomeado ministro de Interior e en 1922 presidente do Consello de Ministros. En 1924 foi elixido presidente da república e en 1928 proclamouse rei. En 1939 as tropas italianas invadiron Albania e proclamaron rei a Vítor Manuel III.

    VER O DETALLE DO TERMO