Vázquez Montalbán, Manuel

Vázquez Montalbán, Manuel

Escritor. Colaborador habitual de numerosos xornais e revistas, cultivou case todos os xéneros, aínda que o ensaio e a novela constitúen os eixes da súa actividade literaria. Polemista, é autor de Manifiesto subnormal (1970), Crónica sentimental de España (1971), La penetración norteamericana en España (1974) e do alegato contra o neoliberalismo contemporáneo Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Creou a figura do detective Pepe Carvalho que protagonizou a serie de novelas formada por Yo maté a Kennedy (1972), Los mares del sur (1978, Premio Planeta) e Asesinato en el Comité Central (1981), entre outros títulos. Da súa obra destacan Galíndez (1990, Premio Nacional de Narrativa 1991 e Premio Europa de Literatura 1992), Autobiografía del General Franco (1992) e El estrangulador (1994, Premio de la Crítica Española). Tamén é autor de poemarios, como Una educación sentimental (1967), e de libros de reportaxes e entrevistas, como Un polaco en la corte del rey Juan Carlos (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Bangkok