"Alexandre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

  • PERSOEIRO

    Físico. Sucedeu o seu pai Antoine-César Becquerel na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, onde se dedicou ao estudo da luz. En 1842 fotografou por primeira vez a unidade do espectro solar. A partir de 1857 estudiou a fosforescencia e as radiacións infravermellas. Publicou La lumiére, ses causes et ses effets (A luz, as súas causas e os seus efectos, 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico de orixe ucraína. Foi director do Instituto Pasteur e un dos iniciadores da inmunoloxía moderna. Estableceu un método serolóxico para detectar a tuberculose mediante un antíxeno complementario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou Peritaxe Mercantil na Escola de Comercio da Coruña, estudios que compaxinou coas clases que impartía no colexio dos Villares en Ourense. Recibiu tamén clases de debuxo no Círculo Católico e de solfexo na Academia da Banda Municipal. Na súa mocidade colaborou coa Coral Ruada e co Orfeón Unión Orensana. Presentouse ás oposicións de auxiliares de Contabilidade do ministerio de Facenda, para as que acadou o número un en 1924. Foi destinado á delegación de Facenda en Ourense, onde permaneceu catro anos. Tras aprobar a oposición a xefe de Contabilidade foi destinado en 1928 a Pontevedra. Rexeitou a proposta do ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, de formar parte do comité de intervención de cambios. En Pontevedra, entrou en contacto con Castelao e Losada Diéguez e participou nas tertulias do café Méndez Núñez. Da man de Castelao entrou a formar parte da Coral Polifónica, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego, con quen casou o 20 de outubro de 1930. Ese mesmo ano, foi invitado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista e xeólogo. Foi director da Manufacture de Sèvres (Manufactura de Sèvres, 1800) e profesor de mineraloxía na Sorbonne (1808). É autor dun Traité élémentaire de minéralogie (Tratado elemental de mineraloxía, 1807) e, con Cuvier, dunha Description géologique des environs de Paris (Descrición xeolóxica dos arredores de París, 1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto neoclásico. Foi discípulo e colaborador de Ange-Jacques Gabriel. Construíu o convento da Chaussée de Antin (actual Lycée Condorcet) en 1783, e o novo cemiterio de Père-Lachaise de París (1804). Deseñou os planos da bolsa de París, iniciada en 1807.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Baseou o seu academicismo na harmonización suave dos tons e na elegancia convencional das formas. Opúñase ao impresionismo. A súa obra máis coñecida é O nacemento de Venus que presentou ao Salón oficial de 1863 e que mercou Napoleón III. Sobresaíu como retratista coas obras Retrato de Napoleón III (1865) e Autorretrato (1852). Gañou en 1845 o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e debuxante norteamericano. Estudiou enxeñería mecánica e pintura. En 1926 fixo en París un conxunto de figuriñas de madeira e arame articuladas (Circo), que o levaron a facer esculturas de aramio. Máis tarde realizou obras de arte abstracta e os 30 móbiles presentados na Galería Vignon de París en 1932. Cos móbiles relaciónanse outros dous tipos escultóricos destacables na traxectoria artística de Calder: os standing mobiles e os stabiles, que presentan unha longa evolución desde as primeiras esculturas ata as formas monumentais como as do Falcón (1963) ou o Barón (1965). Ademais, fixo ilustracións, decoracións, xoias e fontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do partido conservador, foi deputado, ministro da Coroa, presidente da Cámara de los Diputados e embaixador nas principais cortes europeas. Abandonou a política trala Revolución de 1868, e regresou baixo o reinado de Afonso XII. En 1877 nomeárono senador vitalicio. Colaborou para diferentes xornais e revistas e escribiu Apuntes y detalles que pueden ser útiles a quien escriba la historia de los acontecimientos de España desde 1863 hasta nuestros días (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. Escribiu en colaboración con Émile Erckmann baixo a sinatura Erckmann-Chatrian. Destaca a súa novela histórica Madame Thérèse (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tratadista, crítico de arte e político. Iniciou os estudios de arquitectura na Universitat Autònoma de Barcelona (1935) e, exiliado en 1939, estudiou historia da arte en Montpellier e París. En 1941 regresou a Barcelona, onde se doutorou en Historia (1971) e exerceu como catedrático de Historia Xeral da Arte na Universitat de Barcelona (1981). Centrou a súa investigación na análise estrutural da arte. A súa actividade política levouno a ser senador do Partit Socialista de Catalunya (PSC) en 1978, e como membro da Comisión Constitucional do Senado conseguiu a aprobación da enmenda que aboliu a pena de morte. Colaborou en diversas revistas (Ariel, Domus, Art Actuel International) e publicou, entre outras obras, Picasso antes de Picasso (1946), Miró y la imaginación (1946), Tàpies, testimoni del silenci (Tapies, testemuña do silencio, 1970), El arte modernista catalán (1951), El surrealismo (1949), Art i societat...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico portugués. A súa obra poética está recollida en Alvoradas (1865) e Outonais (1882), onde se reflicten moitos dos tópicos do progresismo portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe dos principados unidos de Moldavia e Valaquia (1859-1862) e do principado de Romanía (1862-1866). Levou adiante unha reforma agraria, fundou dúas universidades e secularizou os bens da Igrexa. Os estamentos tradicionalistas e conservadores, coa axuda de potencias estranxeiras, obrigárono a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Foi director do observatorio de Meudon e de París. Estudiou a espectroscopia de bandas moleculares e a física do Sol con luz monocromática, e traballou na busca dunha posible relación entre os fenómenos solares e o magnetismo terrestre, e en espectrografía estelar. Descubriu o espectroheliógrafo, que permite obter imaxes das diversas compoñentes monocromáticas da luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO