Chao Fernández, Alexandre

Chao Fernández, Alexandre

Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu administrador Luís Taboada. Escribiu o libro Un viaje a París.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Madrid