"Amber" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 52.

  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio (894-898), rei de Italia (896-898) e duque de Spoleto (Lamberto II; 894-898), fillo e sucesor de Guido I. En 892 o seu pai asociouno ao solio imperial. Xunto con Berenguel I de Italia loitou contra Arnulfo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador, arquitecto, arqueólogo e poeta flamengo. Introduciu o Renacemento italiano en Flandres. Residiu en Roma entre 1537 e 1539, e fundou un taller onde se formaron os artistas manieristas flamengos. Construíu o pórtico norte da abadía de Saint-Jacques (1558) e a serie de sete paneis sobre a vida de Denís o Areopaxita para a igrexa desta advocación de Liexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Nova Guinea, resultado da unión ao N da serra de Nassau, de Idenburg e Rouffaer. Desemboca no Océano Pacífico preto do cabo de Urville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entomólogo. Especializouse en insectos lepidópteros, sobre todo nos do xénero Zygaena. A súa obra principal é A Field Guide to the Butterflies and Burnets of Spain (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura da República Centroafricana (26.600 km2; 229.927 h [estim 1989]). A capital é Bouar (43.000 h [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico, matemático e astrónomo. Profesor en Gante e Bruxelas, dirixiu a construción do observatorio de Bruxelas, do que foi o seu primeiro director. Aplicou a teoría das probabilidades nas ciencias sociais e na antropometría, de onde xurdiu o concepto do home medio, central na súa teoría, para referirse ao conxunto das características máis comúns. Foi o primeiro en aplicar a estatística aos fenómenos sociais, base da socioloxía e do neopositivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo noruegués. Doutorado na Universidade de Oslo (1946), foi director das investigacións levadas a cabo en Groenlandia (1947-1951). As súas achegas foron de gran valor no campo da xeoloxía estrutural. Escribiu Origin of Metamorphic and Metasomatic Rocks (1952) e Gravity, Deformation and Earth’s Crust (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar repetidas veces a lingua por algunha cousa.

    2. Pasar unha ou máis veces a lingua polos labios.

    3. Atopar satisfacción con algunha cousa de carácter material ou inmaterial.

    4. Arreglarse en exceso, especialmente o rostro con enfeites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza de cans de garda, duns 70 cm de alto e duns 80 kg de peso, de corpo corpulento, orellas caídas, pelame espeso, ondulado e manchado de rubio sobre fondo branco. Utilizouse na busca de viaxeiros extraviados na neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao inicio da Revolución Francesa foi deputado montagnard. En 1794 casou con Thérésa Cabarrús, de quen se divorciou en 1802, e moderou os seus pulos revolucionarios. Durante o Directorio, foi membro do Consello dos Cincocentos, adicto a Barras. Participou na expedición francesa a Exipto e foi cónsul en Alacant en 1804. Ao caer Napoleón, retirouse da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete que corresponde á voz ‘sotana’.

    VER O DETALLE DO TERMO