relamber
relamber
(< re- + lamber)
-
v t
Pasar repetidas veces a lingua por algunha cousa.
Ex: O guiso estaba tan bo que relambeu o prato ao rematar.
-
v pron
Pasar unha ou máis veces a lingua polos labios.
Ex: Os rapaces relambíanse despois de comer o chocolate.
-
v pron
Atopar satisfacción con algunha cousa de carácter material ou inmaterial.
Ex: Xa se relambía pensando na festa.
-
v pron
Arreglarse en exceso, especialmente o rostro con enfeites.
Ex: Cando sae relámbese tanto que non se coñece.