"Ames" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 215.

  • PERSOEIRO

    Brown, James Gordon (Glasgow, 22.2.1951) Político. Estudante brillante dende moi pequeno, con 15 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar historia. Posteriormente se converteu no reitor máis novo desta universidade do1972 ao 1975. Logo dun pequeno paso pola televisión escocesa adicouse plenamente á política, ingresando como deputado na Cámara dos Comúns británica polo Partido Laborista no 1983. A partires de 1989 foi portavoz da oposición en temas económicos e laborais. Durante o goberno de Tony Blair foi ministro de Facenda, nun momento de crecemento ininterrompido na economía británica, neste período tomou medidas como a de fixar a independencia do Banco de Inglaterra con respecto ao goberno. Brown foi elixido líder do Partido Laborista en xuño do 2007, e nomeado primeiro ministro do Reino Unido e Irlanda do Norte pola raína Isabel II o 27 de xuño trala dimisión de Tony Blair.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. Descubriu as fontes do Nilo Azul, sobre o que escribiu o libro Travels to discover the source of the Nile (Viaxes para descubrir as fontes do Nilo, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, historiador e político. Destacado membro do Partido Liberal, a partir de 1880 foi deputado na Cámara dos Comúns e embaixador nos EE UU entre 1907 e 1913. Dos seus traballos destaca un estudo sobre os réximes políticos de América do Sur realizado en 1910, The American Commonwealth (A Comonwealth americana, 1888), Studies in History and Jurisprudence (Estudios sobre historia e xurisprudencia, 1901) e Modern Democracies (Democracias modernas, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Comezou a súa carreira política en 1820 ao acceder ao Congreso co Partido Demócrata, renovando a súa acta ata 1831. Entre 1831 e 1833 foi ministro plenipotenciario en San Petersburgo e senador. De 1856 a 1860 foi o décimo quinto presidente dos EE UU, tolerando a política escravista e defendendo a autonomía de cada estado. O final do seu mandato coincidiu coa separación da Unión de sete estados sudistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Entre 1957 e 1969 dirixiu na Universidade de Virginia un centro de estudios de economía política e filosofía social. As súas investigacións céntranse no eido da economía pública. En 1986 concedéuselle o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Considerou que as sociedades modernas, tanto capitalistas como socialistas, evolucionan cara a un tipo único de estratificación, no que a clase dominante está composta polos xerentes, que controlan as grandes corporacións, as compañías anónimas e tamén o aparato estatal. Entre outras obras publicadas cómpre salientar The Managerial Revolution (A revolución dos directores, 1941) e The Coming Defeat of Comunism (A próxima derrota do comunismo, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Membro do partido demócrata, foi representante no congreso no 1911 e senador de 1931 a 1941. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do Tribunal Supremo e da oficina de mobilización industrial e de reconversión. Secretario de estado de 1945 a 1947, defendeu a permanencia das tropas dos EE UU en Europa ata a conclusión dos tratados de paz. Foi gobernador de Carolina do Sur de 1951 a 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois da súa experiencia no teatro, debutou no cine da man de Billy Wilder, interpretando un papel no filme Irma la Douce (Irma a Doce, 1963). Foi un dos galáns máis recoñecidos dos anos setenta. Participou, entre outras, nas películas: El Dorado (1966), The Gambler (O xogador, 1974), Gardens of Stone (Xardíns de pedra, 1987) e Bulletproof (A proba de balas, 1997). En 1980 dirixiu unha longametraxe titulada Hide in Plain Sight (O escondedoiro da visión clara). Foi nominado ao Oscar pola súa interpretación en The Godfather (O padriño, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Destacou principalmente como autor dun ciclo novelístico sobre Poitesme, un reino imaxinario a través do que satiriza a sociedade moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Protagonizou diferentes películas policíacas. Como director traballou no filme Short Cut to Hell (Atallo para o inferno, 1957). Retirouse en 1961 e volveu de novo interpretando Ragtime (Tempo reducido, 1980). Entre algunhas das súas longametraxes destacan: Sinner’s Holiday (As vacacións do pecador, 1930), Angels with Dirthy Faces (Anxos con facianas sucias, 1938) e One, Two, Three (Un, dous, tres, 1961). Obtivo o Oscar pola súa interpretación en 1942 na película Yankee Doodle-Dandy (Ianqui-dandi) de M. Curtiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Militante laborista e sindicalista, foi chanceler do exchequer (1964-1967) e líder do Labour Party (1976-1980). En 1976 sucedeu a J. Harold Wilson como primeiro ministro. O seu goberno estivo marcado pola recesión económica de 1973 e polas malas relacións cos sindicatos, causadas pola austeridade das súas medidas económicas. Dimitiu a causa da vitoria conservadora nas eleccións de 1979 que levaron ao poder a Margaret Thatcher. Substituíuno á fronte do partido laborista Michael M. Foot en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Establecido nos EE UU, os seus filmes están cheos de efectos especiais. Conseguiu varios Oscars, entre eles, un á mellor película por Titanic (1997), un dos filmes máis caros da historia do cine. Ademais dirixiu, entre outras películas, Piranha II (Piraña II, 1981), Aliens (Alien: o rescate, 1986) e Terminator 2: Judgment day (O Exterminador 2: o xuízo final).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Dereito, colaborou en varias revistas e publicou o poemario Poesías de la razón cordial (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde das camesifonais.

    2. Alga da orde das camesifonais.

    3. Pequena orde de cianofíceas que comprende algas xeralmente unicelulares, polarizadas, fixas por un polo ao substrato e formadoras de endosporas, que van quedando libres, no outro polo. Teñen importancia nas comunidades que revisten pedras e vexetais nas augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na lóxica aristotélico-escolástica, siloxismo da segunda figura, no que a premisa maior é universal afirmativa, e a premisa menor e a conclusión son universais negativas (modo). Un exemplo podería ser: Se todos os homes son humanos/e ningún cabalo é humano/entón ningún cabalo é un home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido como Vari Caramés, ao longo da súa traxectoria profesional organizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan as celebradas no Ateneo da Coruña (1985), no Centro de Estudos Fotográficos en Coimbra (1987), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1989), na Bienal de Fotografía de Vila Franca de Xira, en Lisboa (1995), e dúas retrospectivas, unha no Festival Internacional de Fotografía, en Bos Aires, e outra en Montevideo, na sala do ministerio de Educación y Cultura. Amais participou en exposicións colectivas como: Antropologia e memória (1987) da Fundação Gulbenkiam, en Lisboa; Confrontaciones (1988), no Museo Español de Arte Contemporáneo, en Madrid; Fotografía española contemporánea. Un paseo por los 90 (1995), celebrada en Lisboa, Atenas, Varsovia, Bremen, Utrecht e Manchester; 150 años de fotografía española (1999), no Círculo de Bellas Artes de Madrid; e Desde mi ventana (2000), no Château de Eau, en Toulouse. Colabora en numerosas publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Málaga, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La Hacienda del municipio de Vigo 1900-1975. Profesor axudante na facultade de Dereito de Santiago de Compostela ata o ano 1982, na que foi decano, e catedrático de Facenda Pública da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversos medios de comunicación e é autor de Fiscalidad de las áreas metropolitanas (1992), Introdución a la hacienda local y autonómica (1994), Los problemas de la financiación autonómica, una perspectiva desde Galicia (1997), Gobiernos autonómicos y sostenibilidad de la deuda pública, el caso de la Xunta de Galicia (1998) e Capital público y crecimiento económico en las comunidades autónomas (1999). Foi presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evaristo Caramés Medín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano, coñecido co nome de Jimmy Carter. Propietario rural, foi senador por Georgia polo partido demócrata (1962-1966), e gobernador deste estado (1971-1974). En 1976 foi elixido presidente dos EE UU. Durante o seu mandato (1977-1981), impulsou os acordos de Camp David entre Israel e Exipto e concertou con Torrijos o tratado que fixaba para 1999 a devolución a Panamá do canal interoceánico. En 1979 firmou con Brežnev os acordos SALT II, que non foron ratificados polo Senado estadounidense, polo que se incrementou a tensión coa URSS, sobre todo despois da invasión soviética de Afganistán. Trala súa retirada da actividade política, interveu como mediador en diversos conflitos internacionais, como aconteceu en Haití en 1994 ou en Rwanda en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo norteamericano. Discípulo de W. Wundt, interesouse polo estudo experimental do comportamento humano e polas diferencias individuais, a atención, a asociación e a aprendizaxe. Foi o creador da expresión “test mental” no ano 1890. En 1894 fundou, con J. M. Baldwin, a revista Psychological Review, da que foi coeditor ata 1903. En 1947 A. T. Poffenberg editou unha recompilación da súa obra titulada James Mckeen Cattell, Man of Science (1860-1944) (James Mckeen Cattell, home de ciencia, 1860-1944).

    VER O DETALLE DO TERMO