Byrnes, James Francis
Byrnes, James Francis
Político norteamericano. Membro do partido demócrata, foi representante no congreso no 1911 e senador de 1931 a 1941. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do Tribunal Supremo e da oficina de mobilización industrial e de reconversión. Secretario de estado de 1945 a 1947, defendeu a permanencia das tropas dos EE UU en Europa ata a conclusión dos tratados de paz. Foi gobernador de Carolina do Sur de 1951 a 1955.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Charleston, Carolina do Sur -
Deceso
Lugar : Columbia, Carolina do Sur