"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da Península Ibérica incorporado ao mundo islámico entre os ss VIII e XV. O termo árabe Al-Andalus foi utilizado polos escritores árabes medievais para referirse ao territorio da Península Ibérica sometido ao dominio musulmán. O territorio que designa non é sempre o mesmo posto que, a medida que a conquista cristiá progresaba, designaba nada máis que a zona aínda dominada polo Islam, e rematou referíndose unicamente ao Reino de Granada. A conquista da Península comezou no 711, despois dun desembarco de exploración no ano 710. No prazo de sete anos apoderáronse de toda a Península e de parte das terras da outra banda dos Pireneos. Pouco despois acadaron o límite máximo da súa expansión, na rexión de Poitiers, onde os deteu Carlos Martell no ano 732. Aínda que tradicionalmente se ten falado de invasión árabe, os invasores foron en grande parte bérberes. Os bérberes mesturáronse decontado cos hispanos que se someteron facilmente posto que, ao convertérense como muladís,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade semestral. Fundárona, en 1933, Miguel Asín Palacios e Emilio García Gómez co gallo de estudar a cultura musulmá na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Natural de Al-Andalus.

      2. Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.

    1. Habitante de Al-Andalus.

    2. Arte desenvolvida en Al-Andalus. Tivo unhas características propias dentro da arte do Islam, malia que seguiu as súas directrices fundamentais e mantivo estreitas relacións cos núcleos creadores orixinais en Siria. A finais do s VIII iniciouse a construción da mesquita de Córdoba, que se afasta das orientais e presenta novas solucións arquitectónicas. A amplicación desta mesquita no s IX, promovida por ‘Abd al-Rahmán II, e monumentos como a mesquita de Tudela (Navarra), amosan xa unha forte evolución estética. O s X representou a culminación artística da época chamada califal, seguida do período das Taifas (s XI), que mostra a diversidade da arte islámica peninsular, particularmente en Toledo (Mezquita do Cristo da Luz), Zaragoza (Palacio de la Aljafería), Málaga, Granada, Almería e Xátiva. Os almorábides (1090-1150?) achegaron diferentes novidades na estrutura das súas mesquitas e semellan ser desta época os restos dun pequeno Palacio en Monteagudo (Murcia). Son escasos os monumentos...

    3. Literatura árabe de Al-Andalus. A partir do s XI conxugou diversos estilos individuais, que lle deron fisionomía propia no marco da literatura árabe. Na poesía atópanse dúas tendencias: a clásica e a popular. A poesía clásica tiña unha soa forma estrófica, a casida. Mal coñecida nos dous séculos iniciais de formación, aparece xa perfecta no s X, no que viviu ibn Darrāǧ al-Qastallī, un dos mellores poetas andalusís. O momento do máximo apoxeo sitúase no s XI coa academia literaria de Sevilla, encabezada polo rei-poeta Mu’tamid ibn ‘Abbā. A chegada dos almorábides significou o declive da poesía clásica, pero a escola levantina acadou un resplandor extraordinario cos paisaxistas ibn Hafāǧa de Alzira e o seu sobriño ibn al-Zaqqāq. No s XIII, a decadencia da poesía foi case total, agás casos illados como foron Ibrā-hīm ibn Sahl e ibn Marǧ al-Kuhl de Alzira. O último gran poeta foi al-Qaysī, prisioneiro dos Reis...

    4. Música desenvolvida en Al-Andalus. Foron famosos os cantores e instrumentistas orientais que actuaban na Corte dos omeias, pero o pulo musical decisivo débese a Ziryab, poeta e filósofo de Bagdad, que chegou a Córdoba no 822. Foi o creador da escola andalusí, que deu algúns teóricos importantes, e dun repertorio con catro modos fundamentais e os seus derivados, que deron orixe ás 24 nuba andalusís, forma paralela das grandes suites vocais instrumentais. No s X, a Corte omeia resplandeceu cun gran luxo musical. Os instrumentos máis usados foron o laúde e a guitarra mourisca. Ao se descompoñer o Imperio, case todos os Reinos de Taifas tiveron conxuntos de músicos e cantantes. Durante os cinco séculos de permanencia na Península Ibérica, a evolución estrófica da música andalusí mostrou un retorno ás formas populares autóctonas, coñecidas como: a moaxakha (do s IX) e o zaxal (do s XII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Andalusiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo nivel e Idade do Mioceno Superior mariño situado sobre o Tortoniense e baixo o Plioceno Inferior. O estratotipo atópase nas proximidades de Carmona e ao N de Villanueva del Río (Sevilla) ( Mesiniense).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

      2. Natural de Andalucía.

    1. Habitante de Andalucía.

    2. Dialecto do castelán formado a raíz do repoboamento realizado polos colonizadores de León e de Castela no sur da Península Ibérica dende o s XIII. O vocalismo comprende unhas vocais abertas, provocadas pola aspiración do -s do plural, opostas fonoloxicamente ás pechadas: ([‘peso] pes; [‘pEsO] pesos). O consonantismo caracterízase pola aspiración do f- no andaluz occidental, a alternacia do ceceo co seseo, a extensión do yeísmo, a confusión do -l e do -r implosivos (sarto, salto; olol, olor), a aspiración do s implosivo (fiehta, fiesta).

    3. Arte desenvolvida na zona meridional da Península Ibérica despois da colonización castelá. O territorio que máis tarde sería Andalucía tivo un papel moi importante na evolución da arte na Península Ibérica xa na Prehistoria e tamén na Época Romana e durante o Islam. A arte andalusí prolóngase no estilo mudéxar. Malia que o Románico e o Gótico foron pouco importantes, cómpre salientar no Gótico a catedral de Sevilla, construída sobre a vella mesquita logo da conquista cristiá da cidade. Foi no s XVI, coas posibilidades económicas da conquista de América, cando se crearon as escolas de Sevilla, Granada e Córdoba, as tres coincidentes na difusión do Renacemento italiano, con arquitectos como Diego de Siloé, Andrés de Valdevira e Pedro Machuca. A escultura e a pintura floreceron no s XVII, con escultores como Martínez Montañés e Alonso Cano e pintores como Zurbarán, Murillo, Valdés Leal, etc. No s XVIII só sobresaíu a arquitectura, con solucións barrocas, estruturais e decorativas...

    4. Música desenvolvida en Andalucía. A primeira noticia sobre música andaluza provén dos Epigramas de Marcial, nos que se comenta o xeito de tocar as castañolas (crusmata). A mediados do s VI Sevilla foi un centro musical importante, no que se distinguiron Leandro e Isidoro e, a mediados do s VIII, coincidindo coa dominación árabe, Córdoba converteuse nunha cidade de vida musical moi refinada que mantivo o seu esplendor ata o s XI. Foi, sen embargo, a finais do s XV cando naceu a escola polifónica andaluza con Pedro Escobar, Fernando de Peñalosa, Fernando de Contreras, Juan Vázquez, Pedro F. de Castilleja, Juan Navarro e os irmáns Rodrigo e Francisco Ceballos. As figuras de máis relevo da escola andaluza son Cristóbal de Morales, Francisco Guerrero e Fernando de las Infantas. A música andaluza dos ss XV e XVI conservouse no Cancionero de Palacio, no Cancionero de Medinaceli e noutras coleccións da época. No eido da teoría musical cómpre mencionar a Bartolomé...

    5. Raza mediterránea de galiñas integrada por exemplares de cor gris un pouco abrancazados, moi rústicos, que poñen poucos ovos pero moi grandes.

    6. Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

    7. Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos; famosos como animais de sela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da India (8.249 km2; 322.000 h [1994]). Formado polas illas Andaman e, dende o 1952, tamén polas illas Nicobar. A capital é Port Blair.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago, no océano Índico, que forma parte do territorio de Andaman e Nicobar, India. As illas (máis de 200 aliñadas de N a S) son os cumios dunha cadea montañosa afundida, continuación do cordal do Arakan de Myanmar (antigamente chamado Birmania). Quedan nas illas uns poucos nativos, chamados negriños. Port Blair, na illa Dakshin, é a cidade principal que funciona como centro de comunicación do grupo insular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar do océano Índico. Segue unha dirección xeral N-S, que se estende dende as costas de Myanmar (antigamente chamado Birmania) ata o N de Sumatra. Ten unha superficie de 777.000 km2 (1.554 km de lonxitude e 1.036 km de largura).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás illas Andaman ou aos seus habitantes.

      2. Natural das illas Andaman.

    1. Habitante das illas Andaman.

    2. Individuo do pobo negriño das illas Andaman, de pel escura, cabelo rizado e altura reducida (1,45 m).

    3. Fala illada dos habitantes das illas Andaman que se intentou relacionar, sen conseguilo, co semang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descarga de toda a artillería dunha banda dun navío de guerra.

    2. Represión dura e severa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que percorre camiñando unha distancia máis ou menos longa.

    2. Cabalete xiratorio sobre a lareira no que está pendurada a gramalleira.

      1. Movemento musical moderadamente rápido, entre o allegretto e o larghetto.

      2. Fragmento escrito neste movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical máis lento que o andante.

    2. Fragmento escrito neste movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiñada, traxecto por percorrer.

    2. iaxe ou empresa que se realiza con moitas circunstancias imprevistas ou arriscadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Río de Andalucía, na vertente mediterránea (62 km), tamén chamado río de Almería. Nace en Sierra Nevada e desauga preto de Almería formando un delta.

      1. Mover dun lado para outro a pé.

      2. Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.

    2. Mover ou trasladar un medio de transporte.

    3. Facer a función que ten encomendada.

    4. Habitar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso. (Adoita empregarse xunto á preposición por).

    5. Situar nun lugar ou espazo determinados.

    6. Realizar unha tarefa nun lugar ou oficio determinados.

    7. Ter ou padecer unha serie de circunstancias determinadas.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mover dun lado para outro a pé.

      2. Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.

    1. Mover ou trasladar un medio de transporte.

    2. Facer a función que ten encomendada.

    3. Habitar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso. (Adoita empregarse xunto á preposición por).

    4. Situar nun lugar ou espazo determinados.

    5. Realizar unha tarefa nun lugar ou oficio determinados.

    6. Ter ou padecer unha serie de circunstancias determinadas.

    7. Achegarse a unha cantidade ou cifra aproximada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río de Andalucía, na vertente mediterránea (62 km), tamén chamado río de Almería. Nace en Sierra Nevada e desauga preto de Almería formando un delta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que gusta de pasear, camiñar ou andar dun lado para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anda moito ou que gusta de andar.

    VER O DETALLE DO TERMO