"Andrade" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
GALICIA
Militar e diplomático, sétimo conde de Lemos, conde de Vilalba e de Andrade e marqués de Sarria. Presidente do Consello de Indias (1603-1610), durante o seu mandato conquistouse o arquipélago das Molucas (1606). Foi vicerrei (1610-1616) en Nápoles, onde creou a Academia degli Oziosi e realizou numerosas obras públicas. Foi embaixador extraordinario de Filipe IV en Roma, comendador da orde de Alcántara e presidente do Consello de Italia (1616-1618). Destacou como mecenas de numerosos escritores, entre outros, Cervantes, Quevedo e Lope de Vega. Fundou os conventos de San Xacinto e o das franciscanas da Madre de Deus en Monforte. Escribiu Relación de la Provincia de los Quixos (1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo acuartelado en cruz: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de ouro, cun grifón de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de azul, cunha faixa de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que se asentou en Mondoñedo.
-
GALICIA
Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e militar galego, fillo de Rodrigo Osorio de Moscoso. Criado baixo a tutela de Álvaro Osorio de Moscoso, bispo de Astorga, en 1537 creou a escuadra galega. Os Reis Católicos destinárono a Italia, onde foi capitán do exército na Guerra de Gaeta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe con orixe en Betanzos. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha aguia, ao natural, voando, coroada de ouro, e seguda partición, en campo de sinople, dúas cabezas de dragóns, de ouro, engolando unha banda do mesmo metal; bordo de prata, coa lenda “Ave Maria gratia plena”, en letras de sable. Outros traen, en campo de goles, unha cruz flordelisada, de ouro.
-
GALICIA
Relixioso e escritor liberal. Estudou filosofía e teoloxía en Salamanca e Roma. No seu regreso a España instalouse en Madrid, onde realizou diversos estudos literarios e científicos, ata que conseguiu a secularización en 1792. Precursor do xornalismo na Coruña, o seu primeiro proxecto de obradoiro e semanario, El Curioso Herculino, fracasou en 1797. Os seus escritos, baixo o pseudónimo de León de Parma ou Pardo de Xas, tiveron moita aceptación na prensa madrileña. Publicou diversos poemas, relatos e folletos de contido político e de carácter anónimo, dos que destacan Os rogos d’un gallego establecido en Londres dedicado aos seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas inorancias, e o demais que verá o curioso lector (1813), un romance ideolóxico e propagandístico en que ataca a Igrexa e o absolutismo monárquico. Foi director de Diario de La Coruña (1808), o primeiro xornal coruñés; do Semanario Político, Histórico y Literario de La...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Física. Doutora en Física (1963) e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos no Institut de Calorimetrie et de Thermogenese de Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, diversos estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Ademais, foi membro fundadora e presidiu, en dúas ocasións, o Comité Permanente da International Conference on Thermodinamics of Solution of non-electrolites; tamén presidiu a sección de Galicia da Real Sociedad Española de Física e o comité de dirección de EUROSTAR SCIENCE. É autora de La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica (1990). Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, político e escritor. Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra. Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista participando na II Asemblea Nacionalista (1919) de Santiago de Compostela, e foi colaborador do xornal Gaceta de Galicia. Presidiu o Grupo Autonomista Gallego (1930) e foi militante do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario (1934). Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e posteriormente en 1936, se ben non foi elixido. Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia (1936) e publicou diversos artigos políticos en El Pueblo Gallego. Co estalido da Guerra Civil Española axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. Presidente da World Fishing Exhibition en Vigo (1991, 1997 e 2003), foi conselleiro xeral do consello de administración de Caixa Galicia, conselleiro delegado de Pescanova en Vigo e conselleiro de Pescafina SA. Fundador e presidente de Iber Comercio e Industrias SA (IBERCISA), presidiu Eiranova Fisheries Ltd en Irlanda e foi vicepresidente de Pescafresca en Vigo e de Pescamar en Moçambique. Recibiu o Premio Ciudad de Vigo de Economía (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi fundador e coordinador dos estudos da SIDA no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo desde 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de SIDA e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. Destaca como pioneiro en España na realización de estudos sobre hepatite B e hepatite A. Das súas obras destaca A hepatite vírica como complicación do consumo de drogas por vía parenteral (1993), en colaboración con C. Pereiro Gómez e M. A. Castro Iglesias. É fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega da SIDA, desde 1998. Recibiu o Premio Barrié de la Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudo El SIDA en Galicia (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernán Pérez de Andrade.
-
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, cinco piñeiros, de sinople, arrincados e postos en sautor, o xefe de sinople, cunha banda, de goles perfilada de ouro e engolada en dragantes do mesmo metal.
-
-
GALICIA
Historiador da arte. Catedrático de historia da arte en diversas universidades, foi director do Museo Nacional del Prado (1978-1981) e conservador xefe do Museo Thyssen-Bornemisza (1987-1990). Os seus estudos centráronse na arquitectura e escultura galegas da Idade Media, así como na arte moderna española. Escribiu La Construción de la Catedral de Orense (1954), El Románico y su pervivencia en Galicia (1961) e en colaboración, La Escultura y la arquitectura españolas del siglo XVII (1982) e Corpus velazqueño (2000). Membro numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de la Historia e correspondente das academias de bellas artes de Granada, Sevilla, València e da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, da que foi nomeado académico de honra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Ordenado sacerdote en Concepción (Chile en 1778), doutorouse en Teoloxía. Vicerreitor do seminario de San Carlos, foi bispo de Cuenca, en Ecuador (1805-1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO