Fernández de Castro Andrade e Portugal, Pedro

Fernández de Castro Andrade e Portugal, Pedro

Militar e diplomático, sétimo conde de Lemos, conde de Vilalba e de Andrade e marqués de Sarria. Presidente do Consello de Indias (1603-1610), durante o seu mandato conquistouse o arquipélago das Molucas (1606). Foi vicerrei (1610-1616) en Nápoles, onde creou a Academia degli Oziosi e realizou numerosas obras públicas. Foi embaixador extraordinario de Filipe IV en Roma, comendador da orde de Alcántara e presidente do Consello de Italia (1616-1618). Destacou como mecenas de numerosos escritores, entre outros, Cervantes, Quevedo e Lope de Vega. Fundou os conventos de San Xacinto e o das franciscanas da Madre de Deus en Monforte. Escribiu Relación de la Provincia de los Quixos (1608).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monforte de Lemos

  • Deceso

    Lugar : Madrid