"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Dise do xuízo ou razoamento que é necesariamente verdadeiro ou falso, a diferenza dos problemáticos ou asertivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apódidos.

    2. Ave da familia dos apódidos.

    3. Familia de aves da orde dos apodiformes, á que pertence o cirro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apodiformes.

    2. Ave da orde dos apodiformes.

    3. Orde de aves da superorde dos neognados que comprende as familias dos apódidos e a dos hemiprócnidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recurso estilístico que rexeita un argumento facendo unha descualificación sen deixar lugar á discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das partes que compoñen as termas romanas, polo xeral dedicada a vestiario. Xeralmente, esta sala estaba dotada de bancos corridos ao longo das súas paredes e nichos escavados nas mesmas para colocar a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cousa necesariamente válida, verdade incontestable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falto de pés ou de extremidades.

    2. angüiliforme.

    3. ximnofión.

    4. Antiga orde de crustáceos cirrípedos creada para o xénero Proteolepas, actualmente incluído na orde dos isópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartón que se lle pon á rouca para cinxir o liño ben fino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dentro dunha proposición simple, a segunda parte do período que serve para completar o significado da primeira.

    2. Dentro dunha proposición composta, a segunda proposición que, sendo principal, completa o significado da primeira subordinada. Normalmente, este término utilízase só nas proposicións condicionais, onde representa a proposición principal que completa o significado da subordinada condicional. O que completa a apódose recibe o nome de prótase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína enzimaticamente inactiva que precisa da asociación con ións ou moléculas específicas, denominadas cofactores, para poder iniciar a súa función enzimática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría lóxica dos enunciados apofánticos. A lóxica aristotélica consideraba que a forma esencial do pensamento era a atribución dun predicado a un suxeito, do que resulta unha proposición verdadeira ou falsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo empregado por Aristóteles para cualificar, entre os enunciados verbais que teñen sentido, aqueles que poden ser verdadeiros ou falsos, a diferenza das exclamacións, os rogos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recurso mediante o cal se fai unha afirmación negando algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da Teoloxía en que toda afirmación sobre Deus é fundamentalmente unha definición do que Deus non é. Por proceder mediante negacións, é tamén coñecida polo nome de Teoloxía negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de apofático.

    2. Corrente teolóxica que propugna a Teoloxía apofática, tamén chamada negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína da mucosa intestinal, sobre todo do duodeno, que se combina co ferro inxerido e forma a ferritina, unha das formas de almacenamento de ferro no organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluosilicato de calcio e potasio hidratado, de fórmula KFCa4Si8O20 · 8H2 O, do grupo dos fosilicatos. Os cristais, do sistema tetragonal, son de forma piramidal, prismática, tabular ou cuboide. É fráxil, de exfoliación perfecta, de dureza 4,5-5 e peso específico 2,33-2,37; transparente ou translúcido, incoloro ou de cor branca, rosada ou verde clara. Atópase nas cavidades das rochas basálticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protuberancia dun órgano, xeralmente dun óso; neste caso, a súa función é xeralmente a de facilitar a articulación con outro óso ou a de ofrecer puntos de inserción aos músculos veciños.

      1. Protuberancia piramidal do escudiño das escamas seminíferas das piñas, situada en posición máis ou menos central.

      2. Engrosamento do esporanxióforo de certos fungos.

    2. Ramificación dun batolito ou dun lacolito.

    VER O DETALLE DO TERMO