apófise

apófise

(< gr ἀπόϕυσις ‘excrecencia’)

  1. s f [ANAT]

    Protuberancia dun órgano, xeralmente dun óso; neste caso, a súa función é xeralmente a de facilitar a articulación con outro óso ou a de ofrecer puntos de inserción aos músculos veciños.

  2. s f [BOT]
    1. Protuberancia piramidal do escudiño das escamas seminíferas das piñas, situada en posición máis ou menos central.

    2. Engrosamento do esporanxióforo de certos fungos.

  3. s f [XEOL]

    Ramificación dun batolito ou dun lacolito.

Palabras veciñas

apofatismo | apoferritina | apofilita | apófise | apofisite | apofonía | apofónico -ca