"Aragón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
PERSOEIRO
Raíña consorte dos belgas, filla de Gonzalo de Mora y Fernández, marqués de Casa Riera. Casou en 1960 co Rei Balduíno I, matrimonio que non tivo descendencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Aragón, fillo de Xaime I o Conquistador e Violante de Hungría. En 1248, o seu pai cedeulle o Roselló, Cerdaña e Montpellier, ademais dos dereitos sobre a Galia meridional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Aragón e marqués de Tortosa, fillo de Afonso IV de Aragón e Leonor de Castela. As intrigas maternas obrigárono a fuxir a Castela (1336). En 1347, a petición dos nobres unionistas dos reinos de Aragón e de València, recrutou un exército no Reino de Castela e dirixiu a Unió contra Pedro IV de Aragón. Feito prisioneiro na Batalla de Épila (1348), retornou a Castela trala derrota definitiva da Unió e foi nomeado gran conselleiro de Castela. Declarada a Guerra dos Dous Pedros, cedeu a rexión de Alacant-Oriola a Pedro I o Cruel (1356), pero trala conquista desta por Pedro IV pasouse ao bando aragonés. En 1363, acusado de conspirar contra Enrique de Trastámara, aliado do monarca aragonés, e de roubar o tesouro real, foi asasinado e o seu sobriño, Pedro II de Urgell, herdou todos os seus bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1412-1416), duque de Peñafiel e conde de Mayorga, fillo de Xoán I de Castela e de Leonor de Aragón. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara. En 1406, trala morte do seu irmán Enrique III, asumiu a rexencia de Castela durante a minoría de idade do seu sobriño Xoán II, xunto con Catarina de Lancaster. Retomou as guerras iniciadas por Enrique III de Trastámara contra o Reino de Granada e tomou as cidades de Zahara (1.10.1406) e Antequera (24.9. 1410), polo que comezou a ser coñecido como Fernando de Antequera. Á morte do seu tío, Martiño I de Aragón (1410), presentou a súa candidatura para a sucesión e enfrontouse a Jaume II d’Urgell. Apoiado polos Urrea de Aragón, os Centelles de València e polo Papa Benedicto XIII, foi recoñecido como monarca tralo compromiso de Caspe (1412). Unha vez sufocada a revolta de Jaume II d’Urgell (1412-1413) e tralas concesións ao patriciado urbano catalán nas cortes de Barcelona (1413-1414), centrou os seus esforzos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1479-1516), de Castela (Fernando V; 1474-1504), de Sicilia (Fernando II; 1468-1516) e de Nápoles (Fernando III; 1504-1516), fillo de Xoán II de Aragón e de Xoana Enríquez. Formado na corrente humanista, recibiu en 1458 os títulos de duque de Montblanch e conde de Ribagorza; trala morte do seu irmán Carlos de Viana (1461), os de príncipe de Girona e herdeiro á Coroa de Aragón; o de lugartenente de Catalunya en 1462; e en 1464 o de Sicilia. En outubro de 1466 tomou posesión do cargo de gobernador xeral de Aragón e Catalunya e desde 1468 foi correxente, xunto co seu pai, de Sicilia. Casado desde 1469 con Isabel de Castela, irmá de Enrique IV, apoiou a súa esposa na guerra civil contra Xoana a Beltranexa que se produciu trala proclamación en 1474 de Isabel como raíña de Castela. Recoñecido coas mesmas atribucións que a súa muller como rei de Castela na Concordia de Segovia (1475), converteuse en rei de Aragón trala morte do seu pai (1479), o que significou a unión dinástica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso, primeiro marqués de Llombai e duque de Gandía, fillo de Xoán de Borja e Enríquez e de Xoana de Aragón. Foi nomeado lugartenente de Catalunya (1539) e, en Barcelona, coñeceu os primeiros xesuítas. Morto o seu pai (1542), herdou o ducado de Gandía. Instalado nesta cidade, fundou o primeiro colexio de xesuítas do mundo. Doutorado en Teoloxía en Gandía (1550), marchou a Roma. Prepósito xeneral dos xesuítas (1565-1572), creou numerosos colexios en Europa e iniciou as misións de Florida, Perú e México. O papa nomeuno cardeal pero non aceptou. Foi beatificado por Urbano VIII en 1624 e canonizado por Inocencio X en 1671. Na iconografía viste co hábito dos xesuítas e leva, como atributos, o capelo de cardeal ou a coroa ducal no chan, amais dunha custodia e un cranio. A súa festividade celébrase o 3 de outubro (antes da reforma do calendario litúrxico, o 10 de outubro).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Manuel Gutiérrez Sánchez.
-
DIARIOS
Diario editado a partir de 20 de setembro de 1895 en Zaragoza polo xornalista e político Luis Montestruc. Subtitulouse “Periódico liberal independiente”. En 1896 pasou a ser propiedade de Antonio Motos e en 1899 posuía imprenta propia. Co tempo constituíuse en sociedade anónima, incrementou o seu carácter rexional e erixiuse en defensor dos intereses aragoneses. En 1923 tirou edicións especiais para Huesca, Navarra e La Rioja. En 2003 era o diario aragonés de maior tiraxe (65.136 exemplares en 2001, OJD).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Portugal, filla de Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. Foi declarada herdeira de Castela nas Cortes de Madrigal en 1476. Casou en 1490 co príncipe Afonso, primoxénito de Xoán II de Portugal. Despois de morrer este en 1491, casou co seu irmán, Manuel I (1497). Á morte do seu irmán, o príncipe Xoán, ela e o seu home xuraron como príncipes de Asturias (1497).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela (1379-1382), filla de Pedro IV de Aragón e de Leonor de Sicilia e nai de Enrique III de Castela e Fernando I de Aragón. Casou co príncipe Xoán, futuro Xoán I de Castela, en 1375.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Portugal e infanta de Aragón, filla de Fernando I de Aragón e Leonor de Alburquerque. Casou en 1428 co infante Don Duarte de Portugal, que en 1433 se converteu no Rei Duarte I. Cando enviuvou en 1438, exerceu a rexencia do seu fillo Afonso ata 1440, ano en que as Cortes nomearon rei a don Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1465-1479) e infanta de Aragón, filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. En 1455, ao estalar a Segunda Guerra Civil navarresa, Xoán II desposuíu os seus fillos, Carlos de Viana e Branca, dos seus dereitos de sucesión ao trono de Navarra, en favor dela. Cando Xoán II foi coroado rei de Aragón encargoulle o goberno de Navarra (1465-1479). Tentou calmar as loitas entre agramonteses e beaumonteses e, ao morrer o seu pai (1479), herdou Navarra pero morreu 15 días despois da súa proclamación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Foi cofundador e redactor da revista literaria El Censor (1820-1822). Escribiu Poesías (1842), Ensayos literarios y críticos (1844), A la muerte de Jesús e La resurreción del Señor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. Estudiou violín e composición en España e Alemaña. En 1967 foi axudante de Stockhausen na composición colectiva Ensemble. Dirixiu o Organismo Autónomo Orquesta y Coro Nacionales de España (1981-1985), a Orquesta Nacional (1991-1995) e o Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM). Autor de máis de 120 obras, recibiu o Premio Nacional de Música (1969 e 2002) e foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela, filla de Fernando I de Aragón e de Leonor de Alburquerque. Herdou da súa nai o señorío de Montalbán. Casou en 1418 co seu curmán Xoán II de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Córdoba 1482 - Lisboa 1517) Raíña de Portugal, filla dos Reis Católicos. Casou en 1500 co seu cuñado o Rei Manuel I de Portugal. Foi nai dos reis Xoán III de Portugal e Enrique I de Portugal.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1396-1410) e de Sicilia (Martiño II, 1409-1410), segundo fillo de Pedro IV de Aragón e Leonor de Sicilia. Casou con María de Luna en 1372. Nomeado duque de Montblanc e lugartenente do reino polo seu irmán Xoán I de Aragón, enfrontouse á sublevación de Sicilia (1392), onde reinstaurou no poder o seu fillo (Martiño I de Sicilia) e a súa nora (María I de Sicilia), malia a oposición nobiliaria. Trala morte de Xoán I (1396), accedeu ao trono aragonés e á súa volta de Italia (1397) suavizou algunhas das medidas tomadas pola súa muller, que exercera como rexente, como o proceso contra o Consello de Xoán I. Presionado polos problemas económicos, esforzouse por restaurar o patrimonio real e no exterior tentou acadar a paz con Xénova (1402) pero o apoio dos xenoveses á sublevación de Sardeña impediuno. Apoiu o antipapa Benedicto XIII e posteriormente acolleuno nos seus reinos (1408).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, IX marqués de Albaida. Tomou parte activa na Revolución de 1848 e, en xeral, en todos os movementos democráticos, polo que foi apresado numerosas veces e desterrado. Foi deputado en diversas lexislaturas e nas Cortes Constituíntes de 1869 e de 1873. Escribiu artigos e obras de propaganda política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Infestación que está producida por parasitos do xénero Paragonimus.