Martiño I de Aragón

Martiño I de Aragón

Rei de Aragón (1396-1410) e de Sicilia (Martiño II, 1409-1410), segundo fillo de Pedro IV de Aragón e Leonor de Sicilia. Casou con María de Luna en 1372. Nomeado duque de Montblanc e lugartenente do reino polo seu irmán Xoán I de Aragón, enfrontouse á sublevación de Sicilia (1392), onde reinstaurou no poder o seu fillo (Martiño I de Sicilia) e a súa nora (María I de Sicilia), malia a oposición nobiliaria. Trala morte de Xoán I (1396), accedeu ao trono aragonés e á súa volta de Italia (1397) suavizou algunhas das medidas tomadas pola súa muller, que exercera como rexente, como o proceso contra o Consello de Xoán I. Presionado polos problemas económicos, esforzouse por restaurar o patrimonio real e no exterior tentou acadar a paz con Xénova (1402) pero o apoio dos xenoveses á sublevación de Sardeña impediuno. Apoiu o antipapa Benedicto XIII e posteriormente acolleuno nos seus reinos (1408).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Perpignan

  • Deceso

    Lugar : Barcelona